O Presidente de Repsol YPF, Antonio Brufau, visitou onte a Presidenta da República Arxentina, Cristina Fernández de Kirchner, na Casa de Goberno, no que se interpreta como un xesto de apoio desta última á xestión da compañía española naquel país.
Antonio Brufau acudiu á reunión acompañado por Enrique e Sebastián Eskenazi, Vicepresidente e Vicepresidente Executivo de YPF, respectivamente.
Ao termo do encontro, que se prolongou durante aproximadamente 30 minutos, Antonio Brufau destacou que "na reunión, tivemos ocasión de reafirmar ante a Presidenta, dona Cristina Fernández, o compromiso investidor contraído por YPF coa nación arxentina, ao mesmo tempo que lle manifestamos o noso agradecemento persoal polo seu apoio ao noso traballo".


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.