O vindeiro domingo 23 de novembro terá lugar a III Carreira Solidaria organizada por Repsol, a súa Fundación e o Grupo Unidad Editorial. A carreira partirá ás 10 da mañá da Praza Cardenal Cisneros (Madrid) e rematará na rúa Jardín Profesor Joaquín Garrigues, dentro do complexo de Ciudad Universitaria. A extensión do circuíto é de 5,5 kilómetros, aproximadamente, e recorreranse numerosas facultades do campus universitario.

O prezo da inscripción é de 3 euros e a aportación irá destinada ao proxecto " Volver a vivir, Proyecto en África", liderado pola Fundación Repsol. Pese a que o Dakar trasladouse a terras sudamericanas, Repsol e a súa Fundación non se esquecen de África. Entregaranse 70 triciclos, 60 pares de muletas e 60 cadeiras de rodas nunha zona do sur de Marrocos de gran tradición para o Rally Dakar, na rexión de Er-rachidia, durante a etapa de descanso. Este país ten unha alta porcentaxe de discapacitados que carece de recursos. E o obxectivo é facilitar a mobilidade e mellorar a calidade de vida dos que máis o necesitan.
Os gañadores da carreira, tanto da categoría masculina como da feminina, serán premiados con dúas entradas para acudir ao Gran Premio de Motociclismo de Valencia 2009 no Circuíto de Cheste. Tamén haberá agasallos para os que rematen en segunda e terceira posición de ambas categorías e un detalle para todos os participantes.
Lembra, só necesitas tres euros e ser maior de idade. As inscripcións poderán realizarse a partir das 9 da mañá o mesmo día da carrera naa zona de saída (praza Cardenal Cisneros) ou antes da data, chamando a A.D. Marathon ao 91 398 21 65 ou por correo electrónico a admarathon_informacion@yahoo.es
Última actualización: 20 nov 2008
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.