Preguntas máis frecuentes sobre Visa Repsol
Aquí encontrará as respostas ás súas dúbidas máis habituais:
Que é a tarxeta Visa Repsol?
Repsol YPF pon ao seu alcance a gama Clásica e Ouro, a oferta máis ampla de tarxetas de crédito nas condicións máis competitivas do mercado. Unha tarxeta adaptada a cada necesidade.
Cales son as vantaxes da tarxeta Visa Repsol?
Utilizando a súa tarxeta Visa Repsol, beneficiarase dun 2% de desconto en todas as compras realizadas nas estacións de servizo Repsol, Campsa e Petronor, e se factura máis de 400 € ao mes en calquera estabelecemento adherido a Visa, conseguirá o 1% adicional, chegando así ao 3% de desconto nas compras que realice nas devanditas estacións de servizo.
Esta tarxeta ten ademais outras vantaxes adicionais:
- Non terá que pagar cota anual durante o primeiro ano.
- Non ten que cambiar de banco nin de conta bancaria, xa que os pagamentos se domicilian no seu banco habitual.
- Todas as vantaxes dunha Visa: extracto mensual detallado, aprazamento nos seus pagamentos, acceso a todos os caixeiros, atención telefónica e seguro de accidentes.
Como solicitar a tarxeta Visa Repsol?
Se quere efectuar a alta da súa tarxeta, pode efectuala chamando ao teléfono
902 45 45 55 ou enchendo o formulario de alta dispoñíbel interactivo.
Como encontrar a tarxeta máis axeitada ás súas necesidades?
A principal diferenza entre as tarxetas
Visa Repsol Clásica eVisa Repsol Ouro radica na cobertura do crédito que se concede ao cliente.
Como consultar o extracto da Visa Repsol en Internet?
Pulse
aquí para consultar todos os detalles das súas operacións.