9) Só por usar a tarxeta Travel Club en estacións de servizo Repsol, Campsa e Petronor cumprindo o resto de requisitos estabelecidos nas presentes Bases:
Os socios que utilicen a súa tarxeta Travel Club no período abranguido entre o 15 de xullo e o 31 de agosto de 2008 e efectúen polo menos unha compra de carburante por valor de 6 ou máis euros, co que obterá puntos Travel Club, entrarán nun sorteo no que poderán acceder aos seguintes premios:
a) Un premio de cinco millóns (5.000.000) de puntos Travel Club®, que pode ser gozado, a elección do gañador, escollendo unha das dúas seguintes alternativas:i) Ben como un premio de 100.000 puntos Travel Club anuais, non acumulábeis, durante 50 anos.b) Unha viaxe valorada nun importe máximo de cinco mil euros (5.000. -€) máis o IVE correspondente.
ii) ou ben como un premio de 200.000 puntos Travel Club anuais, non acumulábeis, durante 25 anos.
O gañador deste premio será quen elixa o destino, o transporte e o aloxamento para gozar, así como o número de acompañantes, no seu caso e, en xeral, os detalles da viaxe. No caso de que a viaxe elixida polo socio gañador superase o importe de 5.000. -€ anteriormente citado, irá ao seu cargo toda a cantidade que exceda do devandito importe.
No caso de que a viaxe elixida non alcance os 5.000. -€, o socio gañador non terá ningún dereito sobre a cantidade que reste ata o devandito importe.A viaxe poderá ser gozada dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2009.
Os gañadores proporán tres datas diferentes para gozar da viaxe pero non poderán impoñer ningunha data concreta, xa que esta dependerá da dispoñibilidade dos servizos. As partes acordarán finalmente a data na que definitivamente o agraciado gozará da súa viaxe.
Esta viaxe é persoal e intransferible e en ningún caso poderá ser cambiada por diñeiro, produtos ou outros servizos turísticos.TIEMPO LIBRE, S.A., titular do CICMA Nº 6, será o organizador da viaxe que elixa o socio gañador, polo que asume respecto deste, as responsabilidades legais que marca a Lei de Viaxes combinadas e demais lexislación aplicábel para o efecto.
O sorteo está xestionado por AIR MILES ESPAÑA, S.A. As presentes bases están a disposición dos socios Travel Club no teléfono 902400400, en www.travelclub.es e en www.repsol.com. Calquera dúbida ou interpretación en relación con este será resolta definitivamente por AIR MILES ESPAÑA, S.A. quen será responsábel igualmente de solicitar a pertinente autorización ao ONLAE.
Ningún premio desta promoción poderá ser obxecto de cambio, alteración ou compensación económica ou doutro tipo a petición do gañador. O gañador perderá o dereito ao premio se non cumpre coas condicións previstas nas presentes bases.
Ademais, por participar a través de www.repsol.com
c) Tras recargar na estación de servizo, o socio poderá recibir un folleto numerado, titulado, "Viaxa gratis toda a túa vida", no que se lle comunica que se accede ao sitio web de REPSOL, denominado "repsol.com" pode gañar algún dos seguintes premios (para poder obter calquera premio a través da participación en www.repsol.com é requisito imprescindíbel estar rexistrado de forma veraz cumprindo todos os campos do formulario e rexistro en www.repsol.com):
i) Puntos Travel Club adicionais: (o conxunto destes premios suma outros 5.000.000 de puntos Travel Club). O participante na promoción coñecerá se resultou agraciado ao introducir neste web o número ou código que aparece no folleto. Os premios asignados mediante esta fórmula serano seguindo procedementos aleatorios directamente no web de REPSOL.d) Todos aqueles socios que accedan a repsol.com e introduzan o código que os identifica como participantes da presente promoción participarán nun sorteo de:
(1) 1 premio de 100.000 puntos Travel Club
(2) 10 premios de 10.000 puntos Travel Club
(3) 100 premios de 1.000 puntos Travel Club
(4) 10.000 premios de 100 puntos Travel Club.
(5) 40.000 premios de 50 puntos Travel Club.
(6) 68.000 premios de 25 puntos Travel ClubEn total 118.111 premios que se asignarán por momentos (data e hora) que serán seleccionados de xeito aleatorio mediante un programa informático.
i) quince premios consistentes cada un deles nunha viaxe de fin de semana a Viena, para dúas persoas, que inclúen os seguintes servizos:(1) Billete de avión de liña regular en clase turista de ida e volta coa compañía Iberia, España - Viena. Saídas dende o aeroporto de Madrid.
(2) Estadía de 2 noites no Hotel NH Belvedere ou similar, en réxime de aloxamento e almorzo, en cuarto dobre estándar.
(3) Taxas de aeroporto.
(4) Seguro turístico básico.
(5) Os premios poderán ser gozados dende o 1 de xaneiro ao 31 de marzo de 2009, sempre que haxa dispoñibilidade de voos e cuartos.
(6) Os gañadores proporán tres datas diferentes para o gozo da viaxe pero non poderán impoñer ningunha data concreta, xa que esta dependerá da dispoñibilidade dos servizos. As partes acordarán finalmente a data na que definitivamente o agraciado gozará da súa viaxe. Os premios son persoais e intransferíbeis e en ningún caso poderán ser cambiados por diñeiro, produtos ou outros servizos turísticos.
(7) Non se considera incluído no premio calquera outro servizo non descrito neste, sinálase a título meramente enunciativo e non excluínte, o desprazamento ao aeroporto de Madrid, dende calquera punto de orixe.
(8) Organización e réxime de responsabilidades. O sorteo está xestionado por Air Miles España. As presentes bases están a disposición dos clientes en www.travelclub.es, repsol.com e no teléfono 902.400.400. Calquera dúbida ou interpretación en relación con este será resolta definitivamente por Air Miles España quen será responsábel igualmente de solicitar a pertinente autorización ao ONLAE.
(9) Pola súa parte, TIEMPO LIBRE, S.A., titular do C.I.C.M.A. n.º 6, é o organizador das 15 viaxes a Viena que constitúen parte dos premios do sorteo, polo que asumen respecto destes todas as responsabilidades legais que marca a Lei de Viaxes combinadas e demais lexislación que resulte aplicábel.ii) Tamén poderán participar no sorteo das quince fins de semana a Viena e dos puntos Travel Club citados no apartado c) -i) e e) i) anteriores, os socios Travel Club que reciban a través do seu correo electrónico unha comunicación desta promoción, na que se incluirá o código ao que nos referimos nos devanditos apartados, sempre que introduzan o citado código no web repsol.com co fin de verificar se resultaron gañadores dun premio directo e obter unha participación de cara ao sorteo.
e) Os participantes na promoción poderán comprobar se un determinado número de código reflectido nun folleto (ou comunicación) resultou premiado en repsol.com ata o día 30 de setembro de 2008. Só pode introducirse en repsol.com un número de folleto (ou de comunicación), ao día.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.