Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

imagen
Bases notariais

1) AIR MILES ESPAÑA (a partir deste momento AME) é a entidade que xestiona en España o Programa "TRAVEL CLUB Comprar y Disfrutar®", que consiste nun programa de fidelización da clientela que supón para os consumidores adheridos ao programa (Socios Travel Club), a posibilidade de obter puntos a cambio dos consumos realizados nos estabelecementos asociados (Patrocinadores).
Os puntos TRAVEL Club® son cambiábeis por todo tipo de produtos e servizos de lecer e turismo.

2) REPSOL COMERCIAL DE PRODUCTOS PETROLÍFEROS, S.A. (a partir deste momento REPSOL) é unha entidade asociada ao Programa Travel Club® como patrocinador do programa. REPSOL outorga a cantidade de 6 puntos Travel Club® por cada tramo de 6. -€uros de compra en diesel e+10 e gasolina Efitec 98; 3 puntos Travel Club® por cada tramo de 6. -€uros en diesel e+ e gasolina Efitec 95; e 1 punto Travel Club® por cada tramo de 0,6.-€uros de lubricante, todo iso nas estacións de servizo das marcas REPSOL, CAMPSA e PETRONOR, adheridas ao programa Travel Club en España.

3) O número e a situación das estacións de servizo adheridas ao programa Travel Club poden variar á alza ou á baixa, sen que nin AIR MILES ESPAÑA nin REPSOL se responsabilicen en ningún caso pola falta de obtención de puntos derivada da falta de participación dunha estación de servizo no programa Travel Club.

4) Na oferta de puntos Travel Club de REPSOL relacionada co consumo de carburantes existe un límite máximo de 66. -€uros por recargas e de 2 recargas por día. Ademais existe a limitación de 300 puntos ao mes. Na oferta de puntos Travel Club de REPSOL relacionada co consumo de lubricantes existe un límite máximo de 50. -puntos Travel Club ao mes. 
Iso significa que as operacións que superen estes límites non xerarán puntos nin participacións adicionais para o sorteo. 

a) Os puntos Travel Club® asignaranse pola contía do gasto de cada recarga, é dicir, non se suman os importes doutras recargas no mesmo día ou en días posteriores.
b) Os consumos que non alcancen os 6 euros de gasto en carburante non dan dereito a obter puntos Travel Club® nin participacións no sorteo.
c) A acreditación dos consumos eféctuase mediante a exhibición da tarxeta Travel Club ao expendedor de carburantes e o paso da banda magnética da tarxeta polo terminal correspondente.
d) Asignarase unha papeleta por cada 6. -€ de compra de calquera produtos e servizos deste patrocinador que deran lugar a obtención de puntos Travel Club.

5) É condición imprescindíbel para poder participar no presente sorteo a aceptación das Bases deste e das Condicións Xerais e das Condicións de Reserva do Programa Travel Club. O socio Travel Club poderá participar na promoción, e obterá participacións para o sorteo, mediante compras de carburantes e lubricantes en estacións de servizo Repsol, Campsa e Petronor sempre que o importe de cada unha delas sexa de polo menos 6. -€uros. Os premiados aceptan e consenten expresamente e sen dereito a contraprestación ningunha que o seu nome e a súa fotografía poidan ser divulgados por AIR MILES ESPAÑA, S.A. e por REPSOL COMERCIAL DE PRODUCTOS PETROLÍFEROS, S.A. para os efectos publicitarios da presente promoción, así como que os seus datos sexan cedidos ao ORGANISMO NACIONAL DE LOTARÍAS E APOSTAS DO ESTADO coa finalidade de poder xestionar a realización dos sorteos e entrega de premios. A publicación do nome e/ou da fotografía dun participante como gañador, non xerará dereito ningún a favor do devandito participante á obtención do premio, se non cumpre cos requisitos estabelecidos nas presentes bases.

6) Unicamente accederá aos premios aquel titular Travel Club que comunicara a AME os datos incluídos no cupón de inscrición. AME e REPSOL declinan calquera responsabilidade polo feito de que o gañador non poida ser identificado como consecuencia de non enviar os seus datos a AME coa suficiente antelación como para que os devanditos datos se atopen incluídos na súa base de datos, na data de celebración do sorteo. Non se considerará, pois, gañador aquel titular Travel Club que sexa descoñecido para AME ou que non aceptara as condicións xerais do programa e as presentes bases.

7) Os titulares Travel Club disporán dunha participación por cada tramo íntegro de 6 euros de gasto, en consumos válidos durante o período que abrangue a promoción; é dicir, dende o 15 de xullo ata o 31 de agosto de 2008 (ambos os dous inclusive). Así, a título de exemplo, se o titular efectuou tres recargas de 33,00; 20,00 e 15,00 euros respectivamente, terá dereito a 10 participacións. 

8) Os dous sorteos previstos na presente promoción celebraranse ante notario o día 20 de outubro de 2008, mediante procedemento informático que garanta a aleatoriedade e imparcialidade deste. AME poderá modificar esta data, logo de comunicación a ONLAE e sempre que tal modificación non supoña limitación ningunha dos dereitos dos Socios participantes nos sorteos. No seu caso, a data do sorteo non excederá en ningún caso do 24 de novembro de 2008. 

                                     seguinte


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.