
Travel Club é o programa que che fará gozar ao máximo do teu tempo libre. Porque en Travel Club, ti e os teus teredes moitas opcións para aproveitar ao máximo os vosos momentos de lecer.
Un Club que premia o teu día a día
Só por facer as túas compras habituais nas estacións de servizo de Repsol, Campsa e Petronor, sumarás puntos cos que poderás gañar fantásticos premios*. Podes conseguilos tamén mercando moitas outras cousas.
* A obtención de puntos nas estacións de servizo de Repsol, Campsa e Petronor non é acumulábel a outros programas de fidelización por sistema de puntos.
Un Club con grandes amigos
No Programa Travel Club participan máis de 3.800 estacións de servizo de Repsol, Campsa e Petronor de toda España, e outras empresas importantes de todos os sectores, con miles de estabelecementos asociados. Vaias onde vaias, atoparás bos amigos que che axudarán a conseguir o teu premio.
Un Club feito á túa medida
Porque en Travel Club hai premios para ti e os teus, incluídos os máis pequenos da casa. En Travel Club atoparás regalos e viaxes, así como magníficas ideas para desfrutar.
¿Como funciona?
Conseguir os teus premios é así de sinxelo
1. Leva sempre a túa Tarxeta Travel Club contigo. Atoparás máis de 3.800 Estacións de Servizo de Repsol, Campsa e Petronor en todo o país e outros miles de estabelecementos asociados nos que conseguirás Puntos Travel Club. O único que tes que facer é ensinar a túa tarxeta cando compres ou utilices os servizos das empresas asociadas. Lembra que debes levar sempre contigo a túa Tarxeta Travel Club para sumar moitos puntos.
As estacións de servizo Repsol, Campsa e Petronor ofrécenche 6 puntos por cada 6 euros de Efitec 98 e Diesel e+10 e 3 puntos por cada 6 euros de Efitec 95 e Diesel e+ (cun máximo de 66 euros por recarga, 2 recargas ao día e 300 puntos ao mes). Ademais, consigue 1 punto por cada 0,6 euros de lubricante adquirido nas estacións de servizo Repsol, Campsa e Petronor (cun máximo de 50 puntos ao mes).
Ademais, podes sumar Puntos Travel Club ao comprar na tenda de repsol.com: por cada 6 euros de compra consegues 10 puntos.
2. Moitos dos teus gastos habituais suman puntos. Comprobarás que podes conseguir puntos sen apenas esforzo. Agora podes consultar os estabelecementos asociados que tes máis preto de ti. Non os perdas de vista.
3. Aproveita as nosas ofertas especiais. Hai moitas maneiras de conseguir aínda máis puntos, xa que recibirás de forma periódica as ofertas especiais de Travel Club e das empresas asociadas. Coñece as ofertas especiais que tes ao teu alcance neste momento.
4. Elixe o teu premio. Hai moitos dispoñíbeis: películas de vídeo, cámaras fotográficas, maletas, entradas a parques temáticos, escapadas por España, viaxes por Europa ou ao Caribe e moito máis. Cando reúnas os puntos que necesites, só tes que chamarnos para reservar a túa viaxe; se queres pedir algún regalo, poderás realizar o teu pedido a través da nosa páxina Travel Club. Elixe o teu premio e pásao ben.
Se aínda non tes a Tarxeta Travel Club, aproveita esta oportunidade e faite Socio agora. Únete ao club que premia o teu día a día.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.