Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Solred > Información e vantaxes > Talleres
Talleres

Con Solred, tamén é posíbel gozar dos servizos dunha grande rede de talleres de reparación de vehículos ao ofrecerlle unha cobertura nacional inmellorábel.

señal de taller

Unha rede na que se integraron máis de 1.300 estabelecementos de todas as marcas.

Contamos cos mellores profesionais do sector dispostos a ofrecerlle un servizo de reparación e mantemento para o seu vehículo que destaca pola súa calidade e excelencia estea onde estea.

Antes de saír de viaxe, consulte cales son os talleres que están preparados para atendelo en función das súas necesidades.

Pode contactar tamén a través do noso teléfono de atención ao cliente 902 136 137 que se atopa permanentemente ao seu servizo as 24 horas os 365 días do ano. Resolveremos calquera dúbida e informarémolo en todo momento da localización e das características técnicas do estabelecemento que se adapte mellor ás súas necesidades.

Recorde que os pagamentos nos talleres aparecen así mesmo na factura mensual de Solred co seu correspondente IVE analizado. Solred ofrécelle a opción de pagamento aprazado. Desta forma, seguimos facilitándolle a xestión do seu negocio ao ser o medio de pagamento profesional número 1 en talleres. Por algo será.

Solred cobraralle ao cliente unha comisión do 1,5%



Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.