Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > Asistencia técnica > Adoc Automoción > ¿Que información facilita?
¿Que información proporciona o servizo ADOC Automoción?

Por cada mostra procesada, emitirase unha tarxeta de resultados acompañada
dos diagnósticos e as recomendacións. 

Na tarxeta de resultados, poderá observar o estado xeral da mostra representado polo índice global desta coa súa correspondente cor. Se o índice é normal, o seu motor non require especial atención.

Se o índice global da mostra se atopa en alerta ou alarma, verifiqueos resultados dos índices de desgaste, degradación e contaminación.

Se existen mostras anteriores, pode efectuar un seguimento do estado do seu motor levando a cabo un estudo dos últimos resultados dasanálises e vendo a evolución.

O sistema emite un diagnóstico no que se lle comentan os resultados anómalos, preséntanselle as posíbeis causas de fallo e, finalmente se lle dan as recomendacións sobre as posíbeis alternativas para verificar os fallos ou accións por adoptar para remedialos. Mesmo en situacións de total normalidade, o sistema faille recomendacións como alongar ou acurtar o período de cambio de aceite ou os datos para un novo envío de mostra.

 

 


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.