
Fig. 1. A necesidade de facer compatíbeis o desenvolvemento socioeconómico e a conservación dos valores naturais do litoral, obriga a poñer o máximo celo en coñecer e prever as implicacións ambientais que o afectan.
O mar, ademais de ser fonte de recursos vivos, ten grande importancia económica no transporte, no comercio, no recreo, etc., por iso ha de soportar procesos de degradación motivados pola acción do home.
Cada mar ou océano ten a súa particular situación ambiental en función das súas características xeográficas e ecolóxicas, das actividades humanas que se dan no litoral e da economía dos paises ribeiráns. A problemática ecolóxica mariña sófrena basicamente as augas costeiras, pois concentran a maior parte das actividades de tráfico marítimo, de extracción de recursos pesqueiros e minerais, de actividades recreativas, de verteduras e eliminación de escouras e de urbanización da costa.
O Medio é un patrimonio compartido por todos e a biodiversidade dos océanos é un ben público que tamén debe ser protexido e conservado pola actividade privada. En Repsol YPF, a preocupación polo Medio é un nítido exemplo da evolución na forma de entender a actividade empresarial.
As actividades de Repsol YPF desenvólvense nun contorno ambiental e socioeconómico moi variado, en ocasións de gran fraxilidade, que leva asociada unha gran mobilización de recursos. Por iso, considérase fundamental para unha boa xestión ambiental, a adopción de criterios ambientais en todos os ámbitos de actuación e unha permanente actitude de cooperación e transparencia coas administracións públicas e as comunidades locais.
Ademais a sensibilización e a motivación de todos os directivos, técnicos e operarios de cada unidade organizativa é clave para que a súa actividade se desenvolva co máximo respecto ao contorno.
Unha das ferramentas básicas para a xestión ambiental en Repsol YPF é o Plan de Auditorías Ambientais.
Repsol Mariña e Pesca (incluída por cuestións de organización en Repsol Comercial dentro da compañía), dispón de 174 Instalacións de Subministración a embarcacións, repartidas ao longo de toda a costa peninsular, Baleares e Canarias. Nestas instalacións realízase unha correcta xestión ambiental, por medio dun programa de auditorías anual (que existe dende 1998) que consegue minimizar os impactos ambientais derivados da actividade, así como verificar o cumprimento da lexislación vixente aplicábel. Desta forma, identifícanse aqueles campos de mellora ambiental e os obxectivos concretos para levala a cabo.
Carlos García Albendea
Técnico de Calidade, Seguridade e Medio
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.