Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > ... > Plan personalizado propano > Propa 10 > Modalidades de pagamento
Modalidades de pagamento

Existen dúas modalidades de pagamento: por subministración ou pagamento regular.

Pagamento por subministración

No pagamento por subministración, cada pedido que se realice dará lugar á correspondente factura do gas subministrado. O prezo do gas é o vixente no momento en que se efectúe a subministración.

Pagamento regular (anexo ao contrato)

Permite pagar a subministración en cotas periódicas pola mesma cantidade de gas.

Repsol Gas emite periodicamente facturas repartindo o seu consumo anual previsto en cotas coa mesma cantidade de gas. O prezo do gas que se aboa en cada cota é o vixente no momento de emitir a factura. Ao finalizar cada ciclo anual, realízase unha liquidación para axustar o prezo e a cantidade de gas consumido ao facturado ata o momento. En calquera caso, o pagamento realizarase mediante domiciliación bancaria.

¿Que é a cláusula de axuste?

A cláusula de axuste aplícase cando o consumo anual resulta ser inferior aos consumos mínimos anuais estabelecidos para cada depósito:

4 m3: 3000 kg/ano.

4,88 m3: 4000 kg/ano.

6,65 m3: 5000 kg/ano.

8,33 m3: 7000 kg/ano.

Factúranse adicionalmente 10 pesetas por cada quilo que falte ata acadar os consumos mínimos.

 


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.