Obxectivo
O obxectivo deste empréstito é ofrecerlle a posibilidade de conseguir financiamento en concepto de instalacións de gas a través do Banco Sabadell-Solbank-Banco de Asturias, o BBV ou la Caixa cunhas condicións altamente competitivas.
Procedemento
O procedemento para a obtención do empréstito é moi sinxelo.
Unha vez que vostede está decidido a utilizar como fonte de enerxía o gas propano de Repsol Gas e manifesta o seu interese en beneficiarse do financiamento, un axente da nosa rede formularalle, xunto coa oferta comercial, as condicións do empréstito e pasos a seguir.
Todas as sucursais das Entidades Financeiras arriba indicadas están ao corrente da existencia deste produto especifico para os clientes de Repsol Gas.
Co fin de facilitar os trámites, preparamos un documento chamado Presinatura do Contrato de Financiamento de Instalación GLP a PEMES que deberá cubrir xunto cun dos nosos axentes de vendas. Este documento non ten validez contractual e serve para facilitar os seus datos e os da instalación que se lle vai realizar á Entidade Financeira.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.