Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Industria > Plans a medida de gas > Equipo individual de propano
Equipo Individual de Propano: envases de 35 kg
Envases de gas Propano de 35 Kg

 


Equipo Individual de Propano é un produto deseñado á medida das necesidades dos nosos clientes. As súas características principais son as seguintes:

 

  • Centro de almacenamento constituído por envases de propano de 35 kg.
  • Disposición de envases en uso e en reserva. Ao rematarse uns, entran en funcionamento os outros.
  • Subministración en menos de 48 horas.
  • Servizo de Atención Permanente 24 horas ao día os 365 días do ano.
  • Asistencia Técnica e Información.
  • Mantemento da instalación.       

En función das súas necesidades, a instalación que lle realizamos pode estar alimentada por unha batería de 3+3 ou de 5+5 botellas de 35 kg de gas propano.

Mediante este sistema, vostede ten garantida a subministración continua de enerxía, xa que a súa instalación se alimenta da metade das botellas, mentres que a outra permanece de reserva. Cando as primeiras se rematan, operan as botellas de reserva.

Neste momento, vostede non ten máis que realizar unha chamada telefónica á súa axencia distribuidora e nun máximo de 48 horas, o seu persoal especializado retiraralle as botellas baldeiras e deixará as botellas cheas conectadas á instalación.

Vantaxes

Co Equipo Individual de Propano, o cliente dispón dunha liña de financiamento que inclúe dende a contratación e instalación do gas, a instalación da calefacción e os aparatos de consumo.

O cliente non ten que pagar cotas fixas nin cotas de alugamento. Só paga a enerxía que consume.

¿Canto tempo tardo en ter gas se instalo un Equipo Individual de Propano?

A instalación atópase en condicións de empezar a consumir nun prazo de 7 a 10 días a partir do momento da sinatura do contrato. Este período indicado é meramente informativo.



Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.