
O gas propano permítelle cubrir, con unicamente unha fonte de enerxía, as necesidades básicas de cociña, auga quente sanitaria e calefacción, ademais doutros aparellos dispoñíbeis no mercado que funcionan con gas.
Grazas a un alto rendemento e un baixo custo de mantemento, ofrece o prezo máis competitivo fronte ás demais alternativas enerxéticas do mercado.
A subministración permanente está garantida por Repsol Gas. A súa limpeza, rapidez e comodidade de uso melloran a calidade de vida do usuario.
O propietario dunha vivenda equipada cunha instalación de gas canalizado de Repsol Gas goza dun servizo totalmente individualizado ao eliminar os problemas e os gastos comunitarios por este servizo.
Cada usuario administra individualmente o uso da enerxía para utilizala cando e durante o tempo que desexe.
Repsol Gas dispón de distintas solucións enerxéticas de gas propano para vivendas individuais ou colectivas.
Poñemos á súa disposición o noso departamento técnico comercial para dar resposta ás súas preguntas.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.