Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Agricultura > Solucións integrais > Depósito agrodiésel
Depósito agrodiésel
Deposito gasoleo agrodiesel

 


Énchase de vantaxes con Repsol Agrodiésel.

Agora cos novos depósitos Agrodiésel Repsol, a súa cooperativa váiselle encher de vantaxes. Ademais de aforrar en espazo (os nosos depósitos son os máis pequenos do mercado cunha capacidade de 5000 e 10.000 litros), vai gañar en tranquilidade e seguridade coa calidade que só un líder como Repsol YPF lle pode ofrecer ao cumprir, e incluso superar, todos os requisitos da nova normativa IP-03 e IP-04. Sen dúbida, este é un servizo "chave na man" que lle evitará problemas e papelame.

Dispón de diferentes sistemas de seguridade:

  • O sistema de baldeiro con detección por sirena e luminoso.
  • Unha telealarma cun raio de acción de 500 metros.
  • Un exclusivo peche de seguridade en bocal e "boca de home", que facilita o acceso ao interior, a visión e o manipulado do interior do depósito e a súa limpeza.
  • Unha dobre parede metálica para protexelo de agresións externas.  

Goce xa dunha nova forma moito máis segura, cómoda e limpa de almacenar combustíbel co novo depósito Agrodiésel Repsol.

Pregúntelle ao seu comercial habitual sobre como aproveitarse de todas estas vantaxes.

As grandes ideas ocupan agora moi pouco espazo. Estas son todas as nosas vantaxes punto por punto:

  • Armario-panel fabricado en PRFV.
  • Boca de home cun diámetro de 500.
  • Descarga de 2 polgadas.
  • Ventilación de 1 polgada e media.
  • Aspiración de 1 polgada.
  • Telealarma Repsol (lector).
  • Toma de 1,5 polgadas.
  • Motor antideflagrante.
  • Patas de apoio.
  • Toma de media polgada na cámara de dobre parede con chave de corte.
  • Tapa de acceso ao equipo de subministración.
  • Frontal abatíbel.
  • Toma de corrente exterior (220 V).
  • Detector de fugas na cámara de dobre parede.
  • Telealarma Repsol (indicador nivel).
  • Extintor.
  • Contador (totalizador e parcial).
  • Bocal automático de subministración con chave de peche.
  • Mangueira de impulsión.
  • Orelleiras de manipulación.
  • Identidade corporativa Repsol YPF.
  • Interruptor para o equipo de subministración.
  • Escaleiras de acceso na parte superior.
  • Vacuestato para o sistema de detección de fugas.  

Existen dúas clases de depósitos:

  • O de 5000 litros: 2,08 metros de alto, 2,10 m de ancho e un diámetro de 1,9 m. Dispón dunha dobre parede de aceiro.
  • O de 10.000 litros: 2,08 metros de alto, 3,85 m de ancho e un diámetro de 1,9 m. Posúe unha dobre parede de aceiro.  

Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.