Eventos - repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Agricultura > Eventos
Eventos

XORNADA AGRÍCOLA REPSOL 2009

21 de outubro de 2009
Centro de Tecnoloxía de Repsol (Móstoles)

Repsol celebrou a Xornada Agrícola 2009 no CTR, presidida polo Director executivo de Márketing Europa, D. Pascual Olmos Navarro, e cunha importante representación de destacados membros do campo e a agricultura españois como Vicente Alberto de TRAGSA e ex-ministro de Agricultura, Javier Cantos de UTECO, Fernando Marcen de COOP. AGROALIMENTARIAS, Francisco Pons, presidente de AVE, e Federico Félix, presidente de FEDACOVA.

Esta Xornada Agrícola Repsol tivo por obxecto informar ao sector agrícola español das distintas actividades, produtos e servizos que Repsol crea e pon a disposición do noso campo.

Tras a presentación por parte de Pascual Olmos das principais magnitudes da nosa compañía, facendo fincapé na vocación de Repsol na innovación e no compromiso de compartir os logros e avances de Repsol cos seus clientes, tratáronse, por cada un dos relatores, temas de grande importancia para o sector, coma o carburante Agrodiesel e+10 (deseñado especialmente para maquinaria agrícola), o envase activo (un novo concepto de envase para o transporte de froitas e hortalizas que alonga a conservación de alimentos) e o recanto alimentario en EESS de España, finalizando co tema do aceite fortificante, un aceite biodegradábel que actúa eficazmente contra as pragas.

 

imagen

Para rematar, presentáronse as diversas tecnoloxías que se aplican no Centro de Tecnoloxía Repsol.

Despois dos relatorios, realizouse unha visita aos diferentes laboratorios e ao invernadoiro do Centro de Tecnoloxía Repsol.

Este tipo de iniciativas responden ao esforzo que Repsol realiza constantemente por ofrecer os mellores produtos e servizos, e buscando solucións concretas para cada un dos mercados estratéxicos españois. Organizaranse este tipo de xornadas para outros sectores estratéxicos da nosa economía e cun mesmo fío condutor: A INNOVACIÓN, orientada a resultados. 

 

imagen


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.