CA - repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

CA
Depósito de gas

O plan personalizado CA está indicado para os consumos anuais de propano superiores a 40 toneladas ou centros de almacenamento con características especiais. A situación do depósito pode ser aérea ou enterrada.

Repsol Gas subminístralle o depósito e encárgase do seu mantemento, a propiedade do depósito é de Repsol Gas e do cliente é o resto da instalación.

A relación comercial estabelécese a través dun contrato CA.

Factúranse mensualmente cotas iguais de servizo que inclúen o mantemento e o alugueiro do depósito.

Repsol Gas faise cargo de:

  • A subministración do depósito que inclúe o transporte e descarga (salvo nos casos de difícil acceso).
  • As válvulas do depósito.
  • Os ánodos de sacrificio para os depósitos enterrados.        

O cliente responsabilízase de:

  • A rede exterior e interior.
  • Os extintores regulamentarios e o mantemento destes.
  • O proxecto e visado polo colexio profesional correspondente, a dirección de obra e a acta de posta en marcha da instalación.
  • Xestionar e obter os permisos de obra do organismo territorial competente.
  • Licenza municipal. Xestión de permisos e taxas municipais.
  • Descarga do depósito en caso de difícil acceso.
  • Valado exterior do depósito (industrias e/ou concorrencia pública).
  • Obra civil do depósito enterrado (se se elixe este tipo de depósito).
  • Bocas de carga afastadas do depósito (se o depósito non é accesíbel).
  • Reposición de xardinaría e chan.        

Repsol Gas resolve as dúbidas do cliente en todos os trámites.
Adicionalmente, facilita o contacto coas empresas instaladoras de gas.

Para asesoralo e analizar en detalle as súas necesidades, Repsol Gas proponlle unha entrevista persoal cun técnico especializado.



Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.