Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Administradores de bens inmóbeis > Solucións integrais > Pagamento por cotas Gasóleo C
Pagamento por cotas Gasóleo C

Presentámoslle unha oferta de pagamento exclusiva para vostede: o pagamento por cotas. É unha fórmula para despreocuparse dos grandes e gravosos pagamentos para repartilos comodamente durante todo o ano sen intereses. Repsol Energy ten como único interese facilitarlle o seu labor.

Despreocúpese:

  • Sempre pagará a mesma cantidade ao mes. Despreocúpese dos grandes pagamentos puntuais. Planificará mellor o gasto da comunidade.
  • Evitará os desagradábeis recibos extra aos veciños. Esqueza formular recibos tan mal vistos.
  • Recibirá un extracto trimestral. Toda a información subministración/cotas para que vostede non se preocupe de nada.
  • Atrasará o pagamento sen pagar intereses para así prever un grande aforro.
  • Será moito máis doado o financiamento da comunidade. Un grande peso que lle quitamos de enriba.
  • Regularizaranse anualmente as cotas baseándose nos 12 últimos recibos emitidos ao aboalo ou cargarlle a diferenza entre o importe pagado e o realmente consumido.    

Sexa precavido e despreocúpese

Comprobará en ambos os dous casos os inconvenientes de tesourería provocados por concentrar os pagamentos en 3 ou 6 meses, así como a vantaxe en planificación e aforro que supón dividilos en 12 meses.

Non deixe que os pagamentos o pillen por sorpresa. Acóllase ao novo sistema de pagamento por cota e despreocúpese para sempre.


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.