RYTTSA Vetting - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

RYTTSA Vetting
Buque Carthagonova

O departamento de Vetting de RYTTSA é o reponsábel de garantir a calidade e a seguridade dos buques que transportan cargas, propiedade de calquera das empresas do Grupo REPSOL YPF ou que operen nalgunha das súas terminais marítimas.

Proceso de vetting (XLS 19Kb)

É un departamento absolutamente independente e desligado do sistema comercial que depende directamente da Presidencia de RYTTSA.


Controla  a calidade e a seguridade dos buques principalmente no tocante a:

  • Cumprimento das normas de seguridade da vida humana no mar e de todos os convenios internacionais de seguridade. (SOLAS, ISGOTT, ISM, SIGTTO, etc.). 
  • Mantemento dos equipos de navegación, seguridade e contra incendios, carga e descarga, amarre,  propulsión, etc. 
  • Entrenamento das tripulacións no manexo dos devanditos equipos. 
  • Vixencia dos certificados estatutarios. 
  • Acreditación dos oficiais e tripulantes. 
  • Estado dos tanques, casco e estrutura (cando as circunstancias o permiten).
  • Cumprimento da normativa para a prevención da polución do mar (MARPOL).                        

Realiza inspeccións tanto nas propias terminais do Grupo coma noutras terminais nacionais ou estranxeiras cando así o requiren os armadores.

Os buques obrigados á aprobación de vetting son:

  • Os buques propiedade de calquera das empresas do Grupo Repsol YPF.
  • Os buques fretados por tempo en calquera das súas modalidades. 
  • Os buques fretados por viaxe.
  • Calquera buque non fretado que transporte carga propiedade de calquera das empresas do Grupo Repsol YPF. 
  • Calquera buque que opere nunha terminal do Grupo Repsol YPF aínda que a devandita operación sexa por conta dun operador que non pertenza ao Grupo.                        

Repsol YPF Trading y Transporte, S.A.
Paseo de la Castellana 278 - 2º planta
28046 Madrid (España)
Tel.: 34 913 483 007
Fax: 34 913 489 732
Correo electrónico: repsolvetting@repsolypf.com


O servizo de Vetting

Calquera armador/operador de buques pode solicitar, cubrindo o "Cuestionario" unha inspección de vetting. 

Condicións:

  • Unha vez recibida a solicitude e comprobada a documentación, o departamento de Vetting de Ryttsa vai confirmar ao armador a posibilidade desta, indicándolle os datos do inspector que a levará a cabo así como os custos e detalles bancarios onde deberá facer o ingreso por anticipado.
  • No caso de que a inspección solicitada requira o desprazamento do inspector fóra da súa residencia habitual, o armador farase cargo dos gastos da viaxe do inspector (billetes, hoteis e desprazamentos).
  • As inspeccións só se realizarán durante as operacións de descarga
  • Só se realizarán con luz diúrna
  • Non se admiten inspeccións simultáneas con outras compañías.
  • A solicitude cómpre realizarse con, polo menos, 5 días de preaviso

Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.