Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

imagen

Solred Telemat é un innovador e exclusivo sistema de recarga automático para vehículos profesionais aplicado nas estacións de servizo Repsol, Campsa e Petronor.

Modalidades
Solred Telemat
Solred Telemat chip

  • Solred Telemat: é moi seguro, xa que está conectado ao disco tacográfico e por iso proporciona a información de quilómetros na factura, polo que elimina calquera posibilidade de fraude.
  • Solred Telemat chip: a súa función principal é a seguridade en recargas e evitar posíbeis fraudes. É doado de montar para o cliente e por iso é máis económico.

Funcionamento

Un microchip instalado no vehículo interacciona con outro colocado no boquerel do surtidor correspondente. Desta forma, o Terminal Solred da estación de servizo accede á información que identifica o vehículo, cliente e tipo de carburante, e autoriza a operación. Se o cliente así o desexa, a operación non xera comprobantes, pero é igualmente segura. Os pasos serían os seguintes:

  • O vehículo recarga no surtidor exclusivo para o sistema da estación de servizo, e esta recibe automaticamente en segundos a información que o identifica para autorizar a operación.

  • Unha vez realizada a recarga, o cliente non ten que pasar pola caixa para pagar, xa que os datos se rexistran na Terminal Solred para a posterior carga na factura. O ordenador conectado aos surtidor garda estes datos e, se o usuario tamén é cliente de Solred Directo, poderá comprobar e xestionar a información do seu vehículo de forma detallada.

Solred Telemat é a ferramenta idónea para a xestión, o control e a rendibilidade das empresas de transportes.

>> Máis información


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.