

Repsol pon a disposición dos clientes o servizo Sprint Wi-Fi nunha ampla rede das estacións de servizo. Grazas a este servizo, poderán conectarse a Internet con facilidade.
¿Que é Wi-Fi?
Wi-Fi é a tecnoloxía de comunicación sen fíos máis utilizada hoxe en día, acceso a internet e servizos de banda ancha sen fíos.
Coñeza todas as vantaxes do servizo Sprint Wi-Fi
As estacións de servizo Repsol, Campsa e Petronor dispoñen desta tecnoloxía e calquera cliente cun dispositivo móbil (ordenador, teléfono, PDA&) pode conectarse a Internet tras a compra dunha tarxeta de acceso polo tempo elixido: 50, 100, 300 e 500 minutos. Estas tarxetas adquírense nas estacións de servizo Repsol, Campsa e Petronor.
Funcionamento
¿Onde se poden adquirir/utilizar?
As tarxetas pódense adquirir tanto nas estacións de servizo Repsol, Campsa e Petronor identificadas coma en hoteis, cafetarías, etc. asociadas á rede Akiwifi de AWA.
Pódese utilizar tanto na estación na que se mercou coma en calquera estación de servizo Repsol, Campsa e Petronor con conexión Wi-Fi, e en calquera establecemento asociado á rede Akiwifi de AWA
Terminoloxía
SPRINT Wi-Fi: Termo que describe a conexión sen fíos a Internet nas estacións de servizo Repsol.
AKIWIFI: Termo que describe a conexión sen fíos a Internet no resto de accesos asociados a AWA fóra de Repsol.
HOTSPOT: (Punto quente) Cada un dos puntos ou accesos a Internet
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.