Sprint TV, a maior canle dixital en punto de venda de España - repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Sprint TV, a maior canle dixital en punto de venda de España

Repsol ten instalado nas súas estacións de servizo a rede máis extensa de pantallas de plasma multimedia en punto de venda en España, chamada Sprint TV. Un soporte de comunicación e publicidade innovador no mercado español, que lle permite os nosos clientes atopar:

Sprint TV

- Un sistema de comunicación ameno 

- Un punto de información xeral

- A mellor oferta musical do momento

- Os mellores vídeos de entretemento

- Información e ofertas dos mellores produtos e servizos que ofrece a compañía


Repsol á vangarda no desenvolvemento das últimas tecnoloxías aplicadas aos carburantes, traslada agora ás tendas da súas estacións de servizo este concepto de innovación e modernidade a través dun complexo e completo medio de comunicación, a Canle Sprint TV.


Sprint TV


Esta canle proporciona un enorme valor engadido, xa que é un medio que informa aos clientes e ameniza os seus tempos de espera. Unha canle multimedia que presenta promocións en tempo real con novos formatos, máis dinámicos e mellorar así a experiencia de compra dentro das tendas, así mesmo, proporciona información de utilidade como o tráfico, o tempo, noticias e moito máis.

 

 

Con esta canle Repsol reforza a súa política de mellora de calidade de servizo ao seus clientes apostando por produtos e servizos innovadores.

Sprint TV está en máis de 391 pantallas situadas en tendas das Estacións de Servizo de Repsol, Campsa e Petronor por toda España.


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.