Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Estacións de servizo > Outros servizos > Área de descanso
Áreas de servicio
Estacións de servizo de estrada
Columpios

Zona de pícnic 

Este lugar está habilitado para que os clientes poidan descansar e comer nun ambiente agradábel e ben equipado para isto. Contan con:

  • Mesas e bancos. 
  • Papeleiras. 
  • Fontes. 
  • Chan de area ou grava.
  • Delimitación respecto á estrada con vexetación.          

Zona de xogos para nenos

Trátase dunha zona disposta para que os nenos poidan entreterse na pausa dunha viaxe. Caracterízase por:

  • Pavimento de area ou caucho de madeira, para evitar que os menores se manquen se caen. 
  • Está valada cun elemento homologado para este fin, por seguridade. 
  • Elementos de xogo variados e integrados co contorno, como tobogáns, bambáns ou balancíns.           

Zonas de aparcadoiro

Nos arredores das áreas de servizo haberá prazas de estacionamento, para que os clientes poidan ter á vista o seu vehículo mentres descansan.


Estacións de servizo urbanas
Bicicleta

Nalgunhas estacións de servizo de Repsol situadas en cidades habilitouse unha zona de descanso para ciclistas, pola súa proximidade a zonas de afluencia de ciclistas ou carrís para estes. Pode contar cos seguintes elementos:

  • Pérgola para sombra.  
  • Planos do carril bici. 
  • Fonte de auga potábel. 
  • Suxeita-bicis.  
  • Bancos.          


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.