
As primeiras estacións de servizo empezaron a construírse hai xa máis dun século para dar resposta á crecente industria do automóbil. Dende entón ata agora, o seu deseño e equipamento evolucionaron incorporando cada vez máis elementos dirixidos á protección ambiental.
A protección ambiental diríxese aos tres vectores fundamentais: protección da atmosfera, tratamento de augas e protección dos solos e augas subterráneas.
Nunha estación de servizo, a emisión de vapores de gasolina ten lugar en dous momentos puntuais: durante a descarga do camión cisterna, e de forma marxinal durante a recarga dos vehículos.
Fase 1. Descarga do camión cisterna
Fase 2. Surtidores
Algunhas estacións de servizo contan tamén con sistemas de recuperación que reducen a emisión de gases á atmosfera durante as operacións de recarga.
Os vapores procedentes do depósito do vehículo son aspirados por un pequeno conduto situado na pistola, mediante unha bomba aloxada no surtidor, e trasladado ata o depósito enterrado.
Na estación de servizo orixínanse tres tipos de augas residuais:
Segundo o tipo de auga residual estabelécense redes independentes que se unen nun punto final de vertedura, o cal conectará coa rede pública ou cun punto de drenaxe axeitado.
Os tratamentos tamén serán diferentes:
Este proceso realízase na depuradora. O proceso biolóxico máis estendido é o tratamento por lodos activos mediante microorganismos aerobios, similar á autodepuración natural, que vai producir a oxidación da materia orgánica. Por último disponse dunha arqueta onde se collen mostras para comprobar que as condicións da vertedura se manteñen nos límites desexados
Funcionamento da depuradora
Trátase dun sistema que provoca o desenvolvemento dun cultivo bacteriano disperso en forma de flóculos ou lodos activados dentro dun depósito axitado e aireado por un reactor biolóxico, onde o alimento é a auga que se debe depurar.
A axitación evita que os flóculos sedimenten, e homoxeneiza a mestura destes coa auga residual. Ao mesmo tempo, a aireación achega o osíxeno necesario para os microorganismos.
Unha vez alcanzada a floculación necesaria, coas partículas en suspensión atrapadas no flóculo, as augas pasan a un decantador secundario onde se separan os sólidos dos líquidos.
Na fase de recirculación, parte do sólido ou lodo que se separa volve ao reactor biolóxico para asegurar a poboación de microorganismos, mantén así o grao de depuración desexado.
A principal vantaxe é a versatilidade, xa que o sistema se pode dimensionar segundo se trate de pequenas estacións de servizo ou grandes áreas.
A rede de augas hidrocarburadas recolle as augas de zonas onde se poden producir microverteduras ocasionais de hidrocarburos, pola descarga dos camións cisterna, operacións de recarga, ou utilización dos equipos de lavado.
Trataranse independentemente as augas hidrocarburadas que proceden dos lavados e as procedentes da pista e zona de descarga.
As augas hidrocarburadas son dirixidas ao equipo de tratamento composto polo conxunto decantador-separador de hidrocarburos.
As devanditas augas entran no decantador para a separación entre as areas, sólidos en suspensión e o líquido. A continuación o líquido pasa ao separador, onde ten lugar a depuración de hidrocarburos.
Funcionamento do separador de hidrocarburos
A configuración do equipo é a seguinte:
Algúns modelos dispoñen dunha boia de obturación ou válvula de peche, cuxa misión é evitar a saída de hidrocarburos cando o depósito se enche.
No caso de trens ou pontes de lavado, pódese incorporar unha recicladora para reducir o consumo de auga. A súa misión é tratala antes da súa reutilización, xa que contén unha alta porcentaxe de areas, lodos, graxas, aceites, ceras, tensoactivos e sólidos en suspensión.
O tratamento comeza nun decantador, segue polo separador, e chega ao depósito de auga pre-tratada onde se procede á súa aireación. Parte desta auga faise recircular e pásase por filtros de area para despois utilizala xunto á auga da rede.
A función da rede de augas pluviais é recoller e conducir as augas de choiva ou rega ata a arqueta final de vertedura. Canalízase a auga procedente da 'escorrentía' da estación, así como a que vén das cubertas de edificios e marquesiñas, que nalgúns casos, pode acumularse e ser reutilizada para a rega de superficies axardinadas. Esta rede non require ningún tratamento.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.