
En Repsol traballamos para facer as nosas Estacións de Servizo máis accesíbeis a todos: con prazas de aparcadoiro reservadas, surtidores con chamada asistida e zonas de circulación sen obstáculos, por iso, xa temos máis de 300 Estacións de Servizo con elementos adaptados.
Descubre a última campaña sobre a Accesibilidade de Repsol:
A estación de Servizo de Móstoles supón un exemplo do compromiso de Repsol coa accesibilidade e coas persoas que contan con capacidades diferentes. Repsol tivo en conta, na construción desta estación, a eliminación e adaptación dos elementos que poidan constituír barreiras arquitectónicas e que melloren a accesibilidade a todos. O conxunto de modificacións respecto á construción habitual resúmense nos seguintes puntos:
> Vados. Constan das curvaturas mínimas e unha cor diferenciada respecto ao resto da beirarrúa. Así mesmo, os pasos peonís realizáronse da forma máis recta posíbel nas rotondas. A pendente é a mínima imprescindíbel, sen chanzo inicial.
> Percorrido peonil. Construíuse un percorrido peonil para unir a beirarrúa do edificio coa zona de aparcadoiro, aire e auga, e a beirarrúa da vía exterior.
> Ancho de beirarrúa. A beirarrúa do perímetro do edificio ten unha anchura total de 1,20 metros, e as esquinas están preparadas para non obstaculizar o xiro.
> Aparcadoiro. Reservouse unha praza para persoas con mobilidade reducida, xunto ao edificio auxiliar e co sinal pertinente. A súa situación mellorouse tamén, pois está preto dun vado con zona de manobra específica e dispón de dimensións axeitadas.
> Aire e auga. A zona de aire e auga situouse preto do aparcadoiro, dotada de iluminación e debidamente sinalizada..
> Sinais varios. Situáronse tentando evitar que representen un obstáculo e a 2,10 m de altura.
<< Máis información >> Galería de imaxes

Tenda e distribuidor de aseos
> Mobiliario. Redistribuíuse o mobiliario para evitar problemas de estreiteza de espazo.
> Teléfono. Retirouse o teléfono público da zona para evitar que os clientes teñan que deterse nesta zona para empregalo.
> Portas. Todos os tiradores das portas teñen manillas para facilitar a abertura / peche.
> Visor. As portas de paso da tenda teñen un visor para os clientes en cadeira de rodas.

Aseos
> Adecuación. Os baños de homes e mulleres están adaptados para que poidan usalos persoas con capacidades diferentes.
> Inodoro. Variouse a posición do inodoro, para que exista un oco de 80 cm. Así é posíbel pasar en cadeira de rodas. As barras de apoio están a 75 cm de altura e teñen unha distancia de 70 cm dende os eixos. O inodoro está a 45 cm de altura do chan e a cor dos aparellos sanitarios contrasta co azulexado.
> Espello. O espello situouse a 90 cm do chan.
> Aparellos. Os mecanismos eléctricos colocáronse, como máximo, a 90 cm de altura. Os secamáns e o dispensador de xabón colocáronse a entre 70 e 120 cm de altura e a menos de 100 do lavabo, para que poidan ser utilizados por todos.
> Portas. As portas están dotadas dun sistema que permite desbloquear as fechaduras dende fóra e indica ademais o estado de ocupación. Ademais, a porta interior do baño de homes está dotada dun mecanismo hidráulico que facilita a súa abertura e peche cunha presión máxima de 40 Nw.
> Timbre. Instalouse un timbre de chamada e auxilio a 50 cm do chan, cun sinal de emerxencia.
> Ocupación. As cabinas teñen instalado un control de presenza que garante a iluminación no tempo de permanencia.

Mobiliario
> Mostrador. No mostrador, adaptouse un punto de cobro para os clientes con cadeira de rodas.
> Barra. Instalouse unha mesa de consumo cunha barra adaptada.
> Góndolas. As bases das góndolas foron arredondadas para facilitar a accesibilidade.
> Mural. O mural alto habilitouse para presentar produtos básicos e de uso frecuente ao alcance das mans.
> Tiradores. Os tiradores de abertura de equipos de frío están tinguidos de cor vermella, para que sexan máis visíbeis e accesíbeis.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.