Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Estacións de servizo > A rede de estacións > Integración social e laboral
Integración social
Integración social

As estacións de servizo de Repsol son un referente en xestión da diversidade e integración de trabajadores con capacidades diferentes. Dende hai máis de dous anos foméntase un modelo de convivencia social, compro metido e solidario, que mellore a calidade de vida das persoas e facilite a integración social dos grupos máis desfavorecidos ou en risco de exclusión.

Na actualidade Repsol ten incorporados no seu cadro de persoal 348 traballadores con capacidades diferentes dende a primeira incorporación o 1 de xuño de 1990, cumprindo a Lei 13/1982 de 7 de Abril para a integración social de traballadores con discapacidade, cunha proxección a medio plazo de posuír un cadro de persoal de 500 traballadores con capacidades diferentes. 

O obxectivo é conseguir estacións de servizo accesíbeis a todo tipo de persoas con ou sen discapacidade, mellorando os seus procesos con ánimo de evitar todas aquelas posíbeis limitacións ou barreiras que puideran impedir o acceso e utilización das instalacións.

Repsol ten 150 estacións de servizo accesíbeis pero a nova estación de servizo de Móstoles é un paso máis neste proxecto. É a primeira estación de servizo de España coa certificación UNE 170.001-2, creando así un entorno que satisfai os requisitos de accesibilidade DALCO (Deambulación, Aprehensión, Localización e Comunicación) e os requisitos reglamentarios aplicábeis.


Estación de servicio accesible

A xestión da estación de servizo está sendo realizada por dez expendedores-vendedores con capacidades diferentes, que recibiron formación e capacitación nos seus postos, a través dun curso de formación ocupacional impartido polo Centro de Formación Comercial. Todo co fin de colaborar no seu futuro profesional e garantir unha integración óptima na empresa.

 

As estacións de servizo Repsol apostan polo respecto da diversidade ademais de comprometerse a potenciala e desenvolvela, e para iso defenden a igualdade de oportunidades en todos os empregados e o respecto á persoa. A xestión da estación de servizo de Móstoles é un referente neste aspecto, ademais de fomentar o obxectivo claro da igualdade de oportunidades, respondendo ao firme compromiso de responsabilidade social.


<< Máis información


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.