
A rede de estacións de servizo Repsol, Campsa e Petronor é líder no seu sector, non só pola súa ampla oferta de produtos e servizos, senón tamén porque conta ademais cos mellores profesionais que se esforzan cada día para ofrecer a mellor calidade de servizo.

Con este fin, Repsol ten en marcha un programa “Estación 10”, para formar continuamente, promover e incentivar a calidade de servizo entre os profesionais que traballan diariamente na ampla rede de estacións de servizo.
Os estudos de mercado realizados entre os clientes determinan que os factores clave que avalan a calidade do servizo son:
- Amabilidade e profesionalidade no trato recibido.
- Rapidez e dilixencia no servizo.
- Garantía de que os produtos e servizos ofrecidos sexan óptimos, estean operativos e funcionen correctamente.
- Limpeza e conservación das instalacións.
Ademais, este programa de calidade está reforzado con visitas a todas as estacións de servizo para garantir o compromiso adquirido coa mellora da eficacia na que están implicados tanto os produtos e servizos coma todas as persoas que traballan nas estacións. Unha análise posterior destas visitas axudará a mellorar o servizo en cada estación de servizo.
Grazas ao programa de “Estación 10”, Repsol ofrece a máxima calidade do servizo e a busca da excelencia que o cliente merece.

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.