Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Estacións de servizo > Atención ao cliente > Preguntas máis frecuentes


1. ¿Como localizar as estacións de servizo Repsol, Campsa e Petronor?


Repsol conta con máis de 3.600 estacións de servizo. Consulte o buscador de estacións de servizo para atopar a máis próxima ao seu domicilio ou á ruta da súa próxima viaxe.   

2. ¿Que produtos podo atopar nas estacións de servizo Repsol, Campsa e Petronor?


Repsol traballa día a día dedicado a mellorar os seus produtos co fin de ofrecer nas estacións de servizo Repsol, Campsa e Petronor os produtos máis avanzados.

Froito deste esforzo, dispón na rede de estacións de servizo de Repsol das gasolinas Efitec, formuladas específicamente para proporcionar unha óptima e axeitada resposta do motor e dos gasóleos Diesel e+10 e Diesel e+ , carburantes que se adiantan ao seu tempo, con propiedades que superan as máis altas esixencias dos fabricantes de automóbiles e que optimizan o rendimento do motor.

Tamén, un servizo completo de lavado, Sprint Lavado, para todo tipo de vehículos e as tendas Sprint e Basic, que contan cunha extensa gama de produtos de primeiras marcas de gran calidade, no que se inclúe dende a alimentación básica á comida rápida.

3. ¿Que descontos obteño coas tarxetas Visa Repsol e Solred nas estacións de servizo Repsol, Campsa e Petronor?

 

  • Se é titular da tarxeta Visa Repsol, obterá descontos do 1% en todas as súas compras en máis de 3.600 puntos de venda Repsol, Campsa e Petronor identificados co distintivo Solred en toda España, Andorra e Portugal. No haberá desconto noutras estacións de servizo.

    Máis información sobre as vantaxes de Visa Repsol  


  • Ademais, poderá gozar de importantes descontos se utiliza a tarxeta Solred como medio de pagamento de carburantes, lubricantes e tendas na Rede de estacións de servizo Repsol con imaxe Repsol, Campsa e Petronor da Península, Baleares, Canarias, Portugal e Andorra.

    Máis información sobre as vantaxes Solred
                                         
4. ¿Que produtos e servizos podo atopar nas tendas Sprint e Basic das estacións de servizo Repsol, Campsa e Petronor?


Poderá atopar unha extensa gama de produtos de primeiras marcas de gran calidade, na que se inclúe dende a alimentación básica á comida rápida e produtos de drogaría, perfumaría, prensa, regalos e servizos adicionais e zona de cafetaría.

Ademais, nas tendas das estacións de servizo Repsol, Campsa e Petronor, atopará todo o necesario para o correcto mantemento do automóbil como lubricantes, anticonxelante, líquido de freos, limpaparabrisas o xampú para carrocerías. 

Outros servizos ofrecidos nas tendas das estacións de servizo de Repsol son Sprint PointSprint Wi-FiSprint TV, caixeiro automático,... 

5. ¿En que estacións de servizo podo mercar a bombona de butano de seis kilos?

Prema aquí para atopar a estación máis próxima á súa ruta que dispoña deste servizo.

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.