

Repsol mantén o seu compromiso cos fins sociais e humanitarios da Cruz Vermella, apoiando a institución, por noveno ano consecutivo, na comercialización dos boletos do Sorteo de Ouro a través da súa rede de estacións de servizo Repsol, Campsa e Petronor.
Cruz Vermella é unha organización humanitaria de acción voluntaria, cuxo labor está dirixido a estar cada vez máis preto das persoas vulnerábeis, ofrece unha resposta integral ás vítimas de desastres e ás persoas con problemas sociais, de saúde e ambientais.
Repsol, a través da maior rede de vendas de estacións de servizo, contribúe activamente para que os seus millóns de clientes poidan colaborar no Sorteo de Ouro.
Neste sentido, a Cruz Vermella premiou recentemente á rede de estacións de servizo España de Repsol, co "Diploma de Honra á Colaboración", en recoñecemento á súa cooperación como primeira canle de vendas do boleto do Sorteo do Ouro, de forma sostida durante os últimos seis anos.
O Sorteo do Ouro dá moito de si. Grazas aos fondos recadados, a Cruz Vermella pode estar cos que máis o necesitan:
Esta acción, é unha mostra máis do compromiso de Repsol coa sociedade, poñendo ao servizo do Sorteo do Ouro da Cruz Vermella máis de 2.000 puntos de venda e 10.000 persoas que ofrecen día a día e con ilusión o boleto.
Con este xesto, Repsol achega novamente o seu gran de area, para que a Cruz Vermella poida seguir facendo posíbel, tanto no ámbito nacional como internacional, a realización de todos os seus programas de carácter preventivo, asistencial, rehabilitador e de desenvolvemento.
Este ano o Sorteo do Ouro celebrarase en Lorca (Murcia) o día 22 de xullo.
Adquire o teu boleto da Cruz Vermella nas estacións de servizo con este distintivo!
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.