Produtos químicos, derivados petroleo – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Produtos químicos > Servizos en liña > Preguntas máis frecuentes
Novos clientes

¿Que vantaxes teño ao usar este servizo?

Esta aplicación está pensada para que vostede poida interactuar connosco e consultar toda a información relativa á súa conta dunha forma sinxela, 24 horas ao día, 7 días á semana. Vostede obterá toda a información necesaria sempre actualizada, de forma proactiva e personalizada. Poderá dispoñer de alertas e información no seu correo electrónico que lle manteñan informado dos eventos significativos que se produzan.
¿Que operacións se poden realizar dende os servizos online de Produtos Químicos?

  • Consulta e modificación de datos de cliente e usuario
  • Creación e consulta de pedidos
  • Creación de plans de entrega
  • Consulta de albarás
  • Consulta de facturas e extractos de conta
  • Xeración de informes:
    • Informe de consumos (cantidades consumidas dun produto, familia de produtos ou liña de negocio durante un ano)
    • Informe de Parámetros de Análise (estatísticas dos parámetros de análise dun produto)       
  • Stocks (unicamente para clientes de YPF)
    • Balance stock consignado
    • Balance de venda anticipada
    • Consulta e ingreso de liquidación preliminar
    • Estado Contratos       
¿Podo utilizar os servizos online de Produtos Químicos en diferentes idiomas?

Si, os servizos online de Produtos Químicos están dispoñibles en oito idiomas: castelán, alemán, inglés, francés, italiano, catalán, euskera e galego.
¿Teño que pagar algo polo acceso?

En absoluto, esta aplicación desenvolvida por Repsol Química e posta a disposición dos seus clientes supón unha mellora do servizo que actualmente lle ofrecemos de forma que lle sexa máis doado interactuar connosco.
¿É seguro?

Si. Repsol Química conta coas maiores medidas de seguridade dispoñibles para manter a confidencialidade de todas as comunicacións. Os servidores onde están aloxadas as páxinas de Repsol Química son servidores seguros e todas as comunicacións están encriptadas co protocolo SSL de 128 bits.
¿Necesito instalar algún software?

Non. Para utilizar os servizos online de Repsol Química, o único que necesita é un navegador (MS-Explorer ou similar), unha conexión a Internet e ter instalado Acrobat Reader.
¿Van ser utilizados os meus datos con outros fins ou ser traspasados a outras empresas?

Non. Os seus datos non van ser utilizados con ningún fin alleo á relación comercial que manteña con Repsol Química, nin van ser traspasados a empresas non pertencentes ao Grupo Repsol.
¿Ao usar este servizo, podo recibir atención ao cliente e asistencia técnica?

Esta aplicación é unha canle adicional de contacto con Repsol Química, polo que vostede pode utilizar as canles tradicionais que Repsol Química pon á súa disposición, coma teléfono, correo electrónico, fax, etc.
Os teléfonos e caixas de correo dos servizos de Xestor de conta, Atención ao cliente e Asistencia técnica pode consultalos cada usuario rexistrado, dende a opción do menú Datos / Equipo conta.
¿Como podo ser cliente dos servizos online de Produtos Químicos?

Para ser usuario dos servizos online de Produtos Químicos, vostede unicamente ten que rexistrarse na aplicación dende a propia páxina de repsol.com, na sección "Acceso Clientes", opción "Rexístrate".
No momento de rexistrarse, pediránselle varios datos, entre os que se encontra o cliente ao que estará asociado o seu usuario. Neste campo, é necesario introducir o código do cliente para Repsol Química (este código aparece nas facturas que emite Repsol Química). En caso de dúbida, póñase en contacto co Servizo de Atención ao Cliente de Repsol Química. Acepte as condicións legais, pois é un requisito imprescindible para continuar co rexistro.
Adicionalmente, pediráselle que seleccione o produto/servizo de Repsol do que vostede é cliente e para o que desexa realizar operacións a través de Internet. Neste punto, vostede deberá seleccionar o produto/servizo "Produtos Químicos".
Espere a recibir por correo electrónico a confirmación de alta para poder acceder a e-Commerce xa como usuario.
¿Con que periodicidade se actualiza a información?

Toda a información está actualizada permanentemente.

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.