Compromiso de progreso
A industria química é o único sector que dispón dun programa que integra seguridade e medio, chamado en España: COMPROMISO DE PROGRESO, que se aplica simultaneamente en 47 países, e cuxa eficacia mereceu o recoñecemento da ONU no Cumio da Terra de Johannesburgo, pola súa contribución ao Desenvolvemento Sostíbel.
O equipo humano dedicado á área química de Repsol YPF, mantén un constante e rigoroso control das esixencias regulatorias e ambientais para darlle á sociedade unha garantía real, cuantificábel e en constante innovación dos seus plans de seguridade, reciclaxe, eficiencia enerxética e diminución de emisións de CO2, que son accións combinadas con esta normativa internacional de “Compromiso de Progreso”.
Este é un pacto voluntario, público e activo das empresas do sector químico ante si mesmas e ante a sociedade para o progreso continuo das súas actividades en relación coa seguridade, coa saúde, co medio e coas persoas do seu contorno en todo o ámbito da súa actividade.
Os plásticos contribúen á redución do CO2
A redución de 360 quilogramos aproximadamente no peso dos vehículos, debido ao uso de pezas plásticas na súa fabricación, calculadas en máis de 1.000 compoñentes en cada un, produce un aforro no consumo de carburante estimado nuns 750 litros, para unha vida media de 150 mil quilómetros e diminúe así as emisións de CO2 en máis de 9 millóns de toneladas por ano en Europa.
No transporte de mercadorías, os plásticos tamén participan na conservación do medio, xa que a maioría de produtos de diversas industrias teñen embalaxes de plástico e reducen considerabelmente o espazo, o número de trasportes de carga utilizados e, polo tanto, o consumo de carburante durante todo o proceso de distribución.
Por outra banda, nas nosas vivendas, os illantes químicos permiten manter a calor do fogar no inverno e o frío do aire acondicionado no verán. Grazas a iso, reducimos drasticamente o consumo enerxético e as emisións contaminantes.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.