Produtos químicos, derivados petroleo – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Produtos químicos > Química e sociedade > A química beneficia a túa vida
Deportes
¿Sabes quen foi o corredor que máis lonxe chegou cunha bicicleta nunha hora, aproveitando os avances que proporcionaba a química?
Patín

Trátase do canadense Sam Whittingham que en 2004 logrou percorrer nada menos que 84.215 km. Cunha bicicleta reclinada completamente cuberta por unha cuncha de fibra de vidro que reduciu ao mínimo a resistencia ao aire.

A química apoderouse do deporte facéndoo máis enxeñoso á hora de competir e gozalo con complementos que ofrecen valor engadido ao desempeño de cada un deles en calquera dos seus ambientes: terra, aire, auga.

Os deportes de inverno como o esquí ou o snowboard, entre outros, son por definición deportes de velocidade e na maioría úsanse roupas especiais fabricadas con tecidos resistentes, con mesturas de substancias químicas que permite a resistencia ao frío e o rozamento con diversas superficies. 

Así mesmo os zapatos deportivos estanse fabricando con produtos que permiten protexer o pé do impacto da pisada achegando comodidade e optimizando a presión do pé, en especial para deportes como o fútbol ou o baloncesto.

¿Que sería dos que practican a patinaxe ou o skateboard sen o seu equipo de protección como xeonlleiras, cobadeiras e cascos que soportan o impacto ou o rozamento co chan? Ademais os patíns veñen na súa maioría con compostos de plásticos.

Ademais da velocidade e da protección que permiten os plásticos, tamén a precisión en deportes como o tenis, o squash, o bádminton, golf, ou billar se viron beneficiados coa incorporación da química na súa fabricación.

Actualmente a maioría das pelotas na gran diversidade de xogos e deportes son feitas con materiais plásticos, especialmente co polietileno. Unicamente a pelota de pimpón se segue fabricando dende 1890 con celuloide, un dos produtos pioneiros na industria química.

Os deportes acuáticos requiren tamén de traxes especiais, como o dos submarinistas que utilizan escuma de butilo que contén multitude de burbullas de nitróxeno e que está provisto dun forro que pode chegar ata seis centímetros de grosor ou máis, xa que é necesario illar o submarinista do frío e evitar posíbeis hipotermias.

Volver



Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.