Produtos químicos, derivados petroleo – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Produtos químicos > Química e sociedade > A química beneficia a túa vida
Illamento

Construción

¿Sabías que grazas ao plástico, as paredes, os chans e os teitos da túa casa che permiten aforrar unha boa porcentaxe da factura enerxética de calefacción ?
Poliuretano

Nos países de Europa do norte, case un cuarto do total do consumo de enerxía utilízase en sistemas de calefacción para o fogar. As propiedades illantes do plástico poden, e de feito estano facendo, reducir considerabelmente este consumo.

Está comprobado que 50 quilos de material illante plástico aforra 150 litros anuais de combustíbel para calefacción. 

O segundo mercado consumidor de plástico é o da construción, que supuxo un 15,1% respecto do total e incrementou o seu consumo nun 1,7%. Isto débese a que os plásticos reducen os custos na produción de grandes series de pezas, á vez que aforran enerxía polo seu baixo peso, as súas grandes prestacións e o seu poder illante.

 Por outra parte, detrás das paredes, debaixo dos chans e enriba dos teitos hai distintos tipos de canalizacións con características especiais de plásticos que permiten a condución de auga, gas ou as corrugadas que recobren os cables eléctricos e de comunicacións. Igualmente, as pinturas, a impermeabilización do chan e do teito, os materiais das portas, os cerramentos, os marcos e as ventás están feitos con plástico.

Volver



Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.