Produtos químicos, derivados petroleo – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Produtos químicos > Química e sociedade > A química beneficia a túa vida
Alimentación
¿Décheste conta que a maioría dos alimentos veñen envasados ou embalados en plástico?
Envases de plástico

Os envases e as embalaxes de plástico son fundamentais para procesar, almacenar, transportar, protexer e preservar produtos, porque ofrecen posibilidades practicamente ilimitadas e poden adaptarse, tecnicamente, ás especificacións particulares. 

Grazas aos plásticos, os alimentos perecedoiros consérvanse máis tempo, evitan o desperdicio, a utilización de conservantes e manteñen todo o sabor e valor nutricional destes.

O sector do envase e da embalaxe continúa sendo o principal mercado no que respecta á demanda de materias plásticas. Só en España, ten unha participación do 46,8% respecto do total dos plásticos consumidos pola industria transformadora durante 2005; foi o destino de 1.881.200 toneladas, medrou un 5,8% respecto do último exercicio, segundo datos do Centro Español de Plástico.

En Europa, máis do 50% das mercadorías teñen embalaxes de plástico, pero estes plásticos só representan o 17% do peso total de embalaxes, o que representa á súa vez unha diminución do espazo que ocupan nos distintos sitios onde deben pasar para a súa comercialización, ata chegar aos nosos fogares.

Volver



Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.