Produtos químicos, derivados petroleo – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Produtos químicos > Química e sociedade > Desenvolvemento económico sostíbel
Desenvolvemento económico sostíbel

Desenvolvemento da sociedade

Os plásticos ademais de ser un dos materiais máis versátiles e eficientes ao alcance da sociedade, tamén ofrecen un significante desenvolvemento sostíbel.

A química é a ciencia que en maior medida contribúe á mellora continua da esperanza e da calidade de vida dos seres humanos. O seu permanente desenvolvemento permitiu elevar o nivel de benestar social, de modo que sen ela hoxe non disporiamos de medicamentos, vacinas ou antibióticos, alimentos abondos, auga potábel, automóbiles ou vehículos de transporte, nin poderiamos ler libros, ver fotografías, falar por teléfonos móbiles ou navegar por internet. Porque hoxe, practicamente todo o que coñecemos precisa da intervención da química para existir.


Motor de progreso e fonte de traballo

Os plásticos son compoñentes vitais para a mobilidade tan progresiva da humanidade. A capacidade de viaxar e de comunicarse fíxose unha realidade en todo o planeta e os plásticos –integrados en tantas formas de transporte e comunicacións dende o teléfono móbil ao motor dos coches- pódese dicir que, verdadeiramente, axudaron a mellorar o mundo. Na última parte do século XX, os plásticos situáronse na vangarda para estender os nosos horizontes aínda máis alá –a través das viaxes espaciais e da exploración conseguinte- e achegaron excitantes posibilidades para o futuro da humanidade.

A cadea da industria dos plásticos en Europa engade riqueza á sociedade, da emprego a 1,5 millóns de persoas e xera vendas por 159 mil millóns de euros.


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.