Glicois - repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > Aplicacións > Aplicacións Químicas > Glicois
Glicois
Preparación de aromas

Repsol produce e comercializa tres tipos de glicois propilénicos: 

PROPILENGLICOL: PG (MPG).

DIPROPILENGLICOL: (DPG).

TRIPROPILENGLICOL: (TPG).

Todos eles se obteñen por reacción entre unha molécula de auga e unha (MPG), dúas (DPG) ou tres (TPG) moléculas de OP sen utilizar ningún disolvente adicional. Actualmente, a produción industrial faise a partir de óxido de propileno que reacciona rapidamente coa auga. Á temperatura de reacción (entre 120 e 180º C) e sen necesidade de catalizador, prodúcense os tres glicois en distinta proporción, proporción que varía en función da relación de auga / OP, coa que se alimenta ao reactor. O resto do proceso consiste en separar mediante sucesivas destilacións cada un dos glicois producidos e o exceso de auga engadido.


Cosmética

En xeral, as características físicas dos tres glicois son similares: todos son líquidos claros e transparentes, practicamente inodoros e con baixa volatilidade. Son higroscópicos, aínda que esa higroscopicidade diminúe a medida que aumenta o peso molecular. Son totalmente solubles en auga. Ademais, todos os glicois teñen unha gran capacidade para disolver numerosos compostos orgánicos, o que lles vai permitir servir como vehículo portador de aromas, colorantes, etc.Todos os glicois posúen na súa molécula dous grupos hidroxilo. Isto fai que, aínda que dende o punto de vista da súa reactividade sexan produtos moi estábeis, en condicións axeitadas son capaces de intervir nas reaccións típicas de calquera outro diol, coma por exemplo reaccións de formación de ésteres e éteres. Para máis información visite www.propylene-glycol.com

Repsol posúe dúas plantas en España, situadas en Puertollano e Tarragona, cuxas capacidades son:


 
Puertollano (t/any) Tarragona (t/any)
PG (MPG) 21.750 40.250
DPG 3.100 8.850
TPG   150 900

Ambas as dúas plantas posúen certificación UNE-EN ISO 9001-2000 de Xestión da Calidade e certificación UNE-EN ISO 14001: 1996 de Xestión Medioambiental.

Documentación adicional PG (MPG) Grado USP/EP:

Certificado Farmacopeas (PDF 40 Kb)

Certificado Sanidade (Tarragona) (PDF 80 Kb)

Certificado Sanidade (Puertollano) (PDF 76 Kb)

Certificado Kosher (PDF 180 Kb)

Documentación adicional glicoles:

Especificación Informativa MPG Grado USP/EP (PDF 28 Kb)

Certificado BAM MPG Grado Industrial (PDF 40 Kb)

Especificación Informativa DPG Grado Perfumería (PDF 44 Kb)

Especificación Informativa DPG Grado Industrial (PDF 40 Kb)

Especificación informativa TPG  (PDF 44 Kb)

Certificado de garantía (PDF 53,4 Kb)


 

Descargar Acrobat Reader


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.