
Importancia da transmisión de luz: luz directa, luz difusa
As plantas necesitan da luz para realizar a fotosíntese. Este proceso é o responsábel da formación de materia vexetal e a súa eficacia depende principalmente da dispoñibilidade de auga, CO2, nutrientes e radiación solar.
Para obter unha boa colleita é necesario satisfacer cada unha das necesidades comentadas (luz, auga...). A falta ou redución de calquera delas limitará a fotosíntese e, en consecuencia, a produción. Por exemplo, unha mingua do 1% de luz visíbel pode provocar unha redución do 1% na colleita.
Polo tanto, os filmes plásticos para cubertas de calquera tipo de invernadoiro ou pequeno túnel deben permitir o paso da maior cantidade posíbel de luz visíbel e en zonas de escasa nebulosidade, que a luz sexa difusa para que chegue por igual a toda a planta e non dea lugar á formación de sombras.
A utilización de filmes difusores da luz facilita que a fotosíntese se realice por igual en toda a planta, reduce o risco de enfermidades patóxenas e evita que un exceso de luz directa poida danar os talos novos e/ou o froito.
Na seguinte táboa móstranse datos de transmisión e difusión de luz visíbel dalgúns compostos de Repsol YPF:
| Nome comercial | Descrición | Espesor (microns) | Difusión luz (%) | Transmisión global de luz visíbel |
| Pebd | Polietileno estándar | 200 | 15 | 90 |
| CP-124 | Polietileno térmico | 200 | 52 | 87 |
| CP-632 | Eva 14% con cargas térmicas | 180 | 52 | 91 |
| CP-636 | Eva 6% con cargas térmicas | 125 | 61 | 92 |
Transmisión total de luz visíbel
Defínese a transmisión total de luz visíbel como a cantidade de luz transmitida a través dunha mostra de filme respecto do total de luz incidente. Exprésase como porcentaxe.
O procedemento para a determinación desta propiedade óptica descríbese na norma europea (EN-2155-5).
Os valores de transmisión total de luz visíbel para os distintos tipos de filme de cuberta de invernadoiro especifícanse na norma europea EN-13206:
Filme normal: ³ 88% para espesor dende 50 µ ata 180 µ
³ 86% para espesor igual ou maior que 180 µ
Filme térmico claro: ³ 89% para espesor dende 70 µ ata 180 µ
³ 87% para espesor igual ou maior que 180 µ
Filme térmico difuso: ³ 85% para espesor dende 70 µ ata 180 µ
³ 80% para espesor igual ou maior que 180 µ

Turbidez:
Defínese esta como a porcentaxe de luz transmitida a través dunha mostra de filme, que se desvía respecto da luz incidente en ángulos maiores de 2,5°.
O procedemento para a determinación desta propiedade óptica descríbese na norma europea EN-2155-9.
Os valores de turbidez para os distintos tipos de filme de cuberta de invernadoiro especifícanse na norma europea EN-13206:
Filme normal: £ 30% para espesor dende 50 µ ata 150 µ
35% para espesor igual ou maior que 150 µ
Filme térmico claro: <25% para espesor dende 70 µ ata 150 µ
<30% para espesor igual ou maior que 150 µ
Filme térmico difuso: >30% para espesor dende 70 µ ata 150 µ
>35% para espesor igual ou maior que 150 µ
Para a determinación da transmisión total de luz visíbel e da turbidez utilízase o mesmo equipo de medida.
A superficie da probeta ilumínase perpendicularmente, e a luz transmitida mídese fotoelectricamente usando unha esfera integradora (ver figura).
Equipo para a medida de transmisión de luz visíbel directa e difusa
A luz, uniformemente distribuída na parede interior da esfera, mídese nun detector. A transmisión global de luz mídese co orificio de saída pechado, e a turbidez mídese co orificio de saída aberto.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.