Produtos químicos, derivados petroleo – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > ... > ... > Agricultura > Ensaios > Mecánicos
Ensaios mecánicos en filmes agrícolas

A caracterización dun filme plástico necesita do coñecemento e especificación de diferentes propiedades e entre elas as mecánicas. 

As propiedades mecánicas permiten:


Predicir o comportamento en servizo e polo tanto a elección do material máis axeitado en cada caso.

Coñecer o estado de degradación do filme. Concretamente o alongamento (deformación) na rotura é a propiedade elixida na norma europea sobre filmes termoplásticos para invernadoiro (EN 13206).

Equipo de tracción

Ensaio de tracción

O ensaio de tracción consiste en aplicar unha carga uniaxial sobre unha probeta previamente preparada do filme a caracterizar de maneira que esta se aplica de forma homoxénea a toda a sección da probeta, en xeral ata a súa rotura.

O resultado do ensaio é unha curva esforzo-deformación característica do material ensaiado, esta curva permite determinar os parámetros elásticos e plásticos que determinan o comportamento do material en campo.

Este ensaio estã normalizado (documentos UNE, ISO, ASTM), a norma que segue Repsol YPF para filmes agrícolas é a ISO 527 partes 1 y 3.


Equipo para la realización del

Ensaio de resistencia ao impacto

O método empregado para filme é o chamado "impacto dardo", neste ensaio mídese a enerxía necesaria para romper unha película de filme mediante o impacto dun dardo en condicións dadas. Esta enerxía exprésase como a masa de dardo que, ao caer dende unha altura determinada, provoca a rotura do 50% das probetas ensaiadas.

En Repsol YPF seguen o chamado método A da norma ISO 7765-1 (películas que rompen entre 50 g e 2 kg) o que se traduce no emprego dun dardo de 38 } 1 mm de diámetro e unha altura de caída de 0,66 } 0,01 m.


Equipo de alargamiento

Ensaio de alongamento baixo carga constante (fluencia)

Este ensaio mide o alongamento dun filme sometido a unha carga constante durante un tempo determinado en posición vertical estática



Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.