Produtos químicos, derivados petroleo – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > ... > ... > Agricultura > Ensaios > Envellecemento
Ensaios de envellecemento
Gráfico luces

A degradación que sofren os filmes agrícolas pola súa exposición á intemperie sucede nunha escala de tempos demasiado grande cando o que se pretende é saber se as modificacións que se introducen nas formulacións supoñen unha mellora respecto aos compostos de partida. O obxectivo de realizar ensaios en cámaras con fontes de luz artificial é tratar de obter información respecto ao comportamento que cada material tería ao ser exposto á intemperie, pero nun período de tempo máis curto e baixo condicións controladas.

Entre os diferentes tipos de fontes lumínicas que se utilizaron destacan as lámpadas de arco de xenón e as UV fluorescentes. Na gráfica que aparece a continuación móstrase o espectro da luz solar comparado co das dúas lámpadas anteriores. Como se pode observar, a primeira delas reproduce con bastante aproximación o espectro da irradiación solar nas rexións ultravioleta e visíbel cando se utilizan filtros axeitados. A luz UV que se emprega na actualidade é moito máis enerxética posto que toda a súa irradiancia se concentra na zona do UV-B (máximo a 313 nm).

As cámaras que se comercializan para o envellecemento artificial de mostras no laboratorio permiten actuar sobre tres dos factores que aceleran os procesos de degradación: radiación, temperatura e humidade relativa (condensación). Existen métodos normalizados nos que se indican os valores máis axeitados para cada ensaio: ISO 4892; ASTM D 2565, G 151, G 154, G 155; UNE 53104, 53328. O criterio que se utiliza habitualmente para considerar que unha mostra está degradada é que o seu alongamento no punto de rotura sexa inferior ao 50% do valor da mesma mostra sen envellecer.

máquina para ensayos con lámparas UV

Aparello para ensaios con lámpadas UV fluorescentes

máquina para ensayos con luz xenon

Aparello para ensaios con lámpada de arco de xenon



Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.