Produtos químicos, derivados petroleo – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > ... > Aplicacións Químicas > Agricultura > Aplicacións
O uso de plásticos na agricultura

Repsol YPF dispón dunha ampla gama de compostos cos que se fabrican produtos imprescindíbeis para a agricultura moderna. Mediante o seu uso conséguese un mellor aproveitamento dos recursos naturais e unha maior rendibilidade das explotacións agrícolas.

 

Invernadero

Os filmes plásticos úsanse como material de pechamento, económico e eficaz, de invernadoiros e pequenos túneles . Estes protexen os cultivos das inclemencias meteorolóxicas e permiten a obtención de colleitas máis precoces, máis abundantes e de mellor calidade.

Co uso de filmes plásticos para acolchado auméntanse os rendementos e a calidade das colleitas, asegúrase o nacemento das sementes e, dependendo do tipo de filme utilizado, auméntase a precocidade e evítase o nacemento de malas herbas.

O rego por goteo , cuxos compoñentes se fabrican maioritariamente con materiais plásticos, permite as prácticas agrícolas a grande escala en zonas de escasos recursos hídricos, conseguíndose unha máxima eficacia e rendibilidade.

Os plásticos son tamén a materia prima imprescindíbel para outros usos agrícolas como desinfección de chans (solarización), silos, encoros, redes, mallas para sombreo, cortaventos, rafia para titorado, etc

¿Preocúpalle a duración dos seus filmes? Consellos para unha maior duración.


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.