Repsol YPF Aviation en Ecuador - repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Repsol YPF Aviation en Ecuador

O mercado aeronáutico no Ecuador atópase en crecemento, incorporando novas aerolíneas e novas rutas de voo nos seus aeroportos internacionais de Quito e Guayaquil. Dentro deste mercado crecente Repsol está liderando co 47% do mercado.

Somos a comercializadora coa maior carteira de clientes internacionais; entre estes atópanse: LAN, KLM, Martin Air, UPS, Continental, Copa, Taca, Lacsa, American, USAF, World Fuel Service, Avianca, Delta, entre outros.

REPSOL YPF ECUADOR conta actualmente cun servizo diferenciado onde un grupo de 2 especialistas en Quito e 3 en Guayaquil está atento aos requirimentos de calidade e servizo a tempo dos nosos clientes.

Os nosos representantes en aeroporto coordinan e axilizan o despacho, que vai da man dun control de calidade do produto previo á posta en alta.

Somos conscientes da importancia de brindar un combustíbel de calidade, por iso contar co respaldo técnico do noso persoal, é un servizo fundamental para outorgar unha maior seguridade nas operacións de voo.

Deste xeito logramos situarnos como líderes do mercado e estamos seguros que ao estar na busca da excelencia do noso servizo seguiremos sendo os primeiros.

máis información


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.