Dende hai anos, Repsol colabora co mundo da aviación apoiando a fundacións que teñen como obxectivo a conservación do patrimonio histórico aeronáutico.
En 1989, constituíuse a Fundación Infante de Orleans, co obxectivo de completar a máis ampla colección posíbel dos avións que exerceron un papel prominente no desenvolvemento da aeronáutica española. Acondicionouse o hangar no aeroporto de Cuatro Vientos e inaugurouse o museo en 1990, co que se facilitou un medio de exhibición e divulgación permanente mediante a exposición estática.
Esta colección cobra vida unha vez ao mes grazas a unha exhibición aérea que permite contemplar no seu elemento natural a estas reliquias do pasado en perfecto estado de voo.
A colección conta na actualidade con preto de 40 avións de modelos diferentes que abranguen 60 anos de historia aeronáutica española, dos cales 32 están en perfectas condicións de voo. O resto está en proceso de restauración. Algúns deles son exemplares únicos no mundo, e todos eles contribuíron en boa medida ao desenvolvemento da aviación española.
Máis información en www.fio.es
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.