Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > Información de produtos > Marca Repsol > Industria

Repsol Multiuso Extra SAE 30 e SAE 40

Lubricantes Repsol

Os lubricantes Repsol Multiuso Extra están elaborados con bases coidadosamente seleccionadas, que foron tratadas para mellorar notabelmente a súa adhesividade natural.

  • Usos recomendados:
    Aceites de engraxe xeral moi axeitados para aplicacións de engraxe perdido (aceiteira, brocha...). Especialmente recomendados para a lubricación de cadeas de motoserra.          

Repsol V-W

Lubricantes Repsol

Aceites minerais puros, obtidos a partir de crus parafínicos, con excelentes propiedades de untuosidade e estabilidade ao envellecemento, que os fan axeitados para satisfacer as necesidades de engraxamento xeral en todo tipo de aplicacións sen esixencias especiais, incluíndo as de engraxamento perdido.

  • Usos recomendados:
    A gama de produtos Repsol V-W recoméndase en todo tipo de mecanismos nos que se requira unha lubricación a engraxamento perdido, e en xeral en todos os mecanismos cuxas condicións de engraxamento non requiran unhas calidades específicas ou ben que estas sexan mínimas.      

Repsol Bio Multiuso Extra

Lubricantes Repsol

Lubricante biodegradábel formulado con ésteres de orixe vexetal e especialmente aditivado para cumprir cos requisitos de adherencia, untuosidade e protección demandados en cadeas de motoserras. 

  • Usos recomendados:
    Aceite de engraxe xeral. A súa alta untuosidade fai que sexa un aceite excepcional non só para cadeas de motoserras senón para todo tipo de aplicacións de engraxe a perda.             


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.