Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > Información de produtos > Marca Repsol > Industria

Repsol Tauro

Lubricantes Repsol

Estes aceites, destinados á lubricación de engrenaxes industriais de todo tipo, obtéñense incorporando a bases seleccionadas unha serie de aditivos entre os que destacan os de xofre-fósforo, que lles proporcionan as súas características específicas de extrema presión (EP).


Calidades:

  • Gran resistencia á rotura da película lubricante.
  • Boa estabilidade á oxidación.
  • Protección á ferruxe.
  • Estabilidade fronte á formación de escumas.
  • Elevada resistencia á temperatura.
  • Non corrosivo fronte ao aceiro ou as súas aliaxes.
  • Bo comportamento en presenza de auga.
  • Reducen vibracións, choques e ruídos. 

Repsol Super Tauro

Lubricantes Repsol

Estes aceites están destinados á lubricación de engrenaxes industriais de todo tipo incluídos os fortemente cargados e que traballan en severas condicións. Obtéñense incorporando a bases seleccionadas, con altos índices de viscosidade, aditivos para mellorar propiedades como resistencia á oxidación, formación de escumas, antiferruxe e inclúense os de xofre-fósforo, que lles proporcionan excelentes propiedades de extrema presión (EP).


Calidades:

  • Reducen o desgaste en condicións de lubricación límite.
  • Excelente estabilidade á oxidación.
  • Moi boa protección antiferruxe.
  • Gran capacidade para separar a auga.
  • Non corrosivo fronte ao aceiro ou as súas aliaxes.
  • Boas características antiescumantes.
  • Resistencia á rotura da película lubricante.   

Repsol Super Tauro Sintético

Lubricantes Repsol

Fluídos lubricantes de altas prestacións. Formulados con bases sintéticas (PAO, ésteres) especialmente seleccionadas e aditivos de última xeración, ideais para aplicacións moi severas: cargas elevadas, baixas velocidades e altas/baixas temperaturas.


Calidades:

  • Excepcional resistencia á oxidación a alta temperatura.
  • Moi baixo punto de conxelación, o que permite traballar a baixas temperaturas.
  • Moi alto índice de viscosidade, o que permite a lubricación nun amplo rango de temperaturas.
  • Menor coeficiente de fricción que os aceites convencionais, co que se consegue reducir o consumo de potencia.
  • Compatíbel con elastómeros, xuntas e pinturas convencionais.
  • Miscíbel con aceites minerais.
  • Excelentes propiedades de separación de auga e antiescumante.
  • Moi boa protección fronte á ferruxe e a corrosión.
  • Optimas propiedades EP.   


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.