Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > Información de produtos > Marca Repsol > Industria

Repsol Circulación

Lubricantes Repsol

Estes aceites están elaborados a partir de bases parafínicas coidadosamente seleccionadas e especialmente tratadas, o que confire aos produtos rematados altos índices de viscosidade, boa resistencia á oxidación e excelente desemulsibilidade. Prepáranse nos graos de viscosidade tradicionalmente empregados na lubricación das chumaceiras dos trens de laminación.


Usos recomendados:

Son aceites típicos para lubricar por circulación chumaceiras sometidas a servizos moi severos, empregadas nos trens de laminación.
Polas súas características son tamén axeitados para a lubricación de redutores industriais non sometidos a choques nin a grandes cargas, así como para cárteres dalgúns compresores que requiran estas viscosidades e non precisen aceites con capacidade antidesgaste.
Son tamén adecuados para moitas chumaceiras lisas de grandes diámetros e pequena velocidade, lubricados por gota, baño ou anel.     

Repsol Circulación EP

Lubricantes Repsol

Estes aceites obtéñense a partir de bases parafínicas coidadosamente seleccionadas ás que se incorporan aditivos específicos que lles confiren marcadas propiedades de extrema presión e antidesgaste. Por todo iso, estes aceites unen aos seus altos índices de viscosidade, gran resistencia á oxidación e excelente desemulsibilidade, a súa capacidade para superar, folgadamente, o chanzo 10 do ensaio FZG.


Usos recomendados:

Son aceites típicos para lubricar por circulación chumaceiras sometidas a servizos moi severos, incluídas fortes contaminacións por auga, empregados normalmente nos trens de laminación.
Polas súas características son tamén axeitados para a lubricación de redutores industriais non sometidos a choques aínda que si a cargas medias.
Estes aceites, malia a súa aditivación EP, mantéñense inocuos fronte aos metais, polo que poden empregarse na lubricación de chumaceiras lisas lentas de gran diámetro lubricadas por gota, baño ou anel. No seu grao máis baixo de viscosidade, tamén para chumaceiras de bólas ou rolos de velocidades medias.


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.