Repsol Graxa Molibgras EP-2

Graxa lítica de extrema presión, fabricada con aceites base de alto grao de refino. Leva incorporados aditivos especiais de extrema presión, que xunto co seu contido en Bisulfuro de Molibdeno, lle confiren excelentes propiedades antidesgaste así como unha gran capacidade para traballar a elevadas temperaturas.
Usos recomendados:
- Especialmente recomendada para a lubricación de mecanismos expostos a escorregadas, cargas moi elevadas e longos períodos de engraxamento.
- Engraxamento de chumaceiras lisas, chumaceiras de martelos hidráulicos, engrenaxes abertas e quinta roda.
- Servizos moi severos, tales como trens de laminación.
Principais Calidades:
- A achega de Bisulfuro de Molibdeno, de tamaño de partícula coidadosamente seleccionado, supón unha seguridade adicional para aqueles puntos nos que existan dificultades para o engraxamento ou nos que poidan darse condicións extremas durante o funcionamento do equipo.
- Excelentes características de extrema presión.
- Boa protección á oxidación, corrosión e ferruxe.
Repsol Graxa Lítica MP

Graxa formulada con aceite mineral altamente refinado, espesada con xabón de litios (Hidroxiestearato). Leva incorporados aditivos antioxidantes, anticorrosivos e de adherencia.
Usos recomendados:
- Graxa multiúso para a lubricación en xeral de mecanismos sen esixencias elevadas, que traballen a temperaturas ata 110ºC, para todo tipo de industrias, así como en automoción, chasis, chumaceiras de rodas, ferrocarrís e maquinaria de obras públicas.
Principais Calidades:
- Permite traballar con elevadas cargas sen que os mecanismos lubricados sufran o risco de atoamento.
- Boas propiedades antifricción.
- Excelente estabilidade química.
Repsol Graxa Lítica Industria 2

Graxa formulada con aceite mineral altamente refinado, espesada con xabón de litio (Hidroxiestearato). Leva incorporados aditivos antioxidantes, anticorrosivos, de extrema presión e de adherencia.
Usos recomendados:
- Engraxamento xeral de mecanismos sometidos a condicións difíciles de traballo onde se requiran aditivos de extrema presión e que traballen a temperaturas inferiores a 130ºC.
- Engraxamento de rodamentos de media-alta velocidade.
- Rodamentos de bombas e axitadores.
Principais Calidades:
- Bo comportamento fronte á temperatura.
- Excelente estabilidade ao traballo mecánico e á oxidación.
- Protexe da corrosión e o desgaste.