
Pensando en satisfacer as necesidades concretas de cada un dos nosos clientes, Repsol YPF desenvolveu unha ampla gama de lubricantes para os sectores de automoción, industria e mariños, empregando os maiores esforzos en termos de recursos, investigación e tecnoloxía.
Ao longo de todo o proceso de elaboración dos Lubricantes Repsol, séguense os mellores estándares e as normas de calidade máis esixentes. Só así se pode garantir unha perfecta lubricación para todos os sistemas que utilizan Lubricantes Repsol.


A gama de lubricantes Repsol Elite está tecnoloxicamente desenvolvida para cubrir as necesidades de cada tipo de vehículo diésel e gasolina. Mantén en óptimas condicións de lubricación o interior do teu motor, conseguindo un menor desgaste das pezas e unha maior limpeza destas.
Unha gama que respecta máis o ambiente e que achega a cada motor moita máis vida.

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.