Repsol Diésel Turbo VHPD 5W30

Aceite lubricante sintético de moi altas prestacións dirixido a vehículos pesados. Caracterízase por cumprir cos requisitos esixidos pola maioría de fabricantes para ser considerado de longa duración (Long Life). Ademais, pola súa viscosidade e capacidade de traballo a calquera temperatura, aforra combustíbel e contribúe á redución de emisións de CO2 á atmosfera. É compatíbel cos sistemas EGR (Recirculación de Gases de Escape) e catalizadores SCR, ademais de poder ser utilizado por propulsores alimentados por biodiésel. É un moderno lubricante que cumpre coa normativa Euro 5 sobre emisións contaminantes.
Calidades
- Aceite lubricante de moi longa duración que permite reducir os custos de mantemento e a xeración de residuos.
- Pode empregarse cando se utilice biodiésel como combustíbel, seguindo as recomendacións de períodos de cambio estabelecidos polos fabricantes.
- Os resultados obtidos mostran un aforro de combustíbel de aproximadamente 200 litros/ano respecto a outros aceites 5W30 do mercado (*)
- Válido para vehículos que realicen longos traxectos internacionais por estrada; ademais de ser un aceite de longo período de cambio, a súa alta reserva alcalina permite o seu uso con combustíbeis de moi variada calidade.
(*) Datos obtidos cunha estimación media dun camión que percorre 150.000 km/ano.
Repsol Diésel Turbo UHPD MID SAPS 10W40

Aceite lubricante de tecnoloxía sintética da máxima calidade UHPD (Ultra High Performance Diesel). O seu nome quere destacar o seu reducido contido en cinzas (Mid SAPS), que evita a obstrución dos sistemas que incorporan filtros de partículas, ademais de protexer os sistemas catalíticos de postratamento e minimizar as emisións contaminantes. A súa excelente composición confírelle o status de lubricante de longa duración, con períodos de cambio extraordinariamente longos. É compatíbel con todo tipo de carburantes (diésel, GLP, GNC e biodiésel), e por todas as súas características, é o aceite ideal para frotas mixtas. Válido para motores Euro 5 e anteriores.
Calidades
- Pode empregarse cando se utilice biodiésel como carburante, seguindo as recomendacións de períodos de cambio estabelecidos polos fabricantes.
- O contido limitado en fósforo e xofre e o baixo nivel de cinzas sulfatadas permite ser empregado na maioría de vehículos pola súa compatibilidade cos catalizadores SCR ou ben naqueles que incorporan EGR e filtro de partículas.
- Pode empregarse tanto nos modernos vehículos Euro 5 ou Euro 4 que incorporan sistemas de tratamento de gases de escape, coma en vehículos antigos onde non se requiran aceites con limitación de cinzas.
- Aceite de longa duración. A aditivación exclusiva deste produto permite superar os mínimos esixidos na maioría de ensaios de motor.
- Aprobado pola maioría de fabricantes de vehículos europeos, americanos e asiáticos. Pode tamén empregarse como aceite en vehículos comerciais equipados con retarder.
Repsol Diésel Turbo U.H.P.D 10W40

Aceite lubricante sintético de última xeración do máis elevado nivel de calidade. Especialmente recomendado para motores diésel sobrealimentados de vehículos comerciais de longo percorrido (TIR) con períodos de cambio extraordinariamente longos. Produto especificamente deseñado para os motores diésel de baixas emisións Euro 5 e anteriores, dalgúns fabricantes que non incorporan filtros de partículas. Aceite probado por Scania para a súa nova xeración de motores Euro 6.
Calidades
- Pódese empregar cando se utilice biodiésel como carburante, seguindo as recomendacións de períodos de cambio estabelecidos polos fabricantes.
- Aceite de alta resistencia á oxidación, baixo consumo e excelente resistencia ao cisallamento, garantindo o alto intervalo de cambio de aceite esixido por Scania nas súas especificacións LDF.
- Aceite multigrao de amplo rango de temperaturas e alta fluidez en frío, o que permite un maior aforro de combustíbel, en comparación con aceites doutros graos de viscosidade.
- As probas realizadas permiten asegurar un alto control de limpeza do motor, superior aos mínimos esixidos polas normas internacionais, evitando a formación de lamas e de depósitos no pistón e nos segmentos.
- As probas realizados en motor con altas taxas de EGR garanten o perfecto control do ferruxe característico destes sistemas de postratamento de gases de escape.
- Comparado con outros aceites de similares características, o control específico de xofre e fósforo da súa formulación asegura a compatibilidade cos catalizadores de oxidación e SCR actuais, e os da vindeira xeración de motores Euro 6.
- As probas realizadas sobre o terreo para acadar a aprobación Scania LDF-3, garanten a durabilidade do motor nas severas condicións de uso que poden darse en calquera tipo de clima, e con períodos de cambio de aceite moi elevados.