Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > Información de produtos > Marca Repsol > Automoción

Repsol Auto Gas 15W40


Aceite lubricante mineral recomendado para o uso en motores non-estacionarios que funcionen tanto con gas natural comprimido (GNC) coma con propano e butano (GLP). Contido en cinzas axeitado para o funcionamento deste tipo de motores. De aplicación en flotas de vehículos de transporte público (taxis e autobuses) de propulsión por gas.

Calidades

  • O seu poder deterxente/dispersante mantén limpo o motor. 
  • Boa resistencia á oxidación e a nitración.
  • Longa duración. 
  • Facilita o arranque en frío.
  • Mantén a presión axeitada a calquera temperatura e en todas as condicións de traballo.
  • Excelente protección a alta temperatura.
  • onserva limpas as buxías e evita a preignición.
  • Contribúe á protección do medio ambiente, ao evitar a emisión de contaminantes á atmosfera.    


Repsol Gas Low Ash 15W40


Aceite lubricante mineral recomendado para o uso en vehículos ou motores estacionarios DEUTZ e DETROIT DIESEL que funcionen con gas natural comprimido (GNC) ou con propano e butano (GLP), e que requiren un contido limitado de cinzas.

Calidades

  • Contido limitado de cinzas para evitar a formación de residuos en buxías que poden provocar preignición e ruídos.
  • Os ensaios de desgaste do tren de válvulas específicos dos motores CUMMINS demostran un excelente comportamento. O desgaste é inferior ao límite do fabricante e moi inferior a outros aceites da competencia.
  • A estabilidade dos seus aditivos deterxentes permiten alongar os períodos de cambio, ao minimizar os compostos ácidos típicos destes tipos de motores.
  • Alta resistencia á corrosión, moi superior á esixida na norma CUMMINS CES 20074
    Os ensaios realizados en frotas de vehículos con GNC demostraron unha alta estabilidade da presión a calquera temperatura e en todas as condicións de traballo. 




Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.