Repsol Náutico Gasoline Board 4 T 10W40

Aceite multigrao mariño especialmente deseñado para motores gasolina de catro tempos foraborda e fora-intraborda refrixerados por auga.
Os seus aditivos dótano dunha excelente protección fronte á corrosión e a ferruxe e cumpre coa norma para motores mariños NMMA FC-W. Este aceite está destinado a todas aquelas embarcacións de recreo, como por exemplo motos de auga de catro tempo, cuxos usuarios desexen unha máxima eficiencia do motor.
Calidades
- Excelentes propiedades antidesgaste, que garanten unha maior vida do motor.
- Boa fluidez en frío o que facilita o arranque e reduce os desgastes do motor.
- Evita o pegado dos segmentos ao dispersar lamas, vernices e outros produtos de oxidación do aceite a altas temperaturas.
- Contén eficaces inhibidores de anti ferruxe e anticorrosión, que protexe ao motor no ambiente mariño.
- Evita a aparición de lamas, grazas aos seus aditivos dispersantes, cos que a limpeza do motor e de todos os seus compoñentes é óptima en todo momento.
- Reserva alcalina (TBN) moi estábel que lle confire gran capacidade para neutralizar os ácidos formados na combustión.
Repsol Náutico Diésel Board 4T 15W40

Aceite multigrao especialmente formulado para os modernos motores diésel mariños de catro tempos intraborda e fora-intraborda refrixerados por auga.
A súa formulación equilibrada consegue cumprir cos esixentes requirimentos dos fabricantes de motores mariños. Por iso, permite traballar baixo as máis severas condicións en embarcacións de recreo.
Calidades
- Evita o pegado dos segmentos ao dispersar lamas, vernices e outros produtos de oxidación do aceite a altas temperaturas.
- Contén eficaces inhibidores de anti ferruxe e anticorrosión, que protexe ao motor no ambiente mariño.
- Boa fluidez en frío, o que facilita o arranque e reduce os desgastes do motor.
- Os seus seleccionados compoñentes confírenlle unha elevada resistencia ao cisallamento, mantén a súa viscosidade de deseño durante a vida do aceite.
- Excelente capacidade de lubricación, co que se aumenta a vida útil do motor.
- Evita a aparición de lamas, grazas aos seus aditivos dispersantes, cos que a limpeza do motor e de todos os seus compoñentes é óptima en todo momento.
- Reserva alcalina (TBN) moi estábel que lle confire gran capacidade para neutralizar os ácidos formados na combustión.
Repsol Nautico Outboard & Jet Ski 2T

Aceite lubricante para motores foraborda de altas prestacións e ciclo 2T. A súa formulación con bases minerais altamente refinadas e aditivos exclusivos proporciona as máis elevadas prestacións nas motos de auga, ademais de procurar a mellor protección contra a humidade e corrosión.
A súa altísima calidade cumpre as esixencias da norma NMMA TC-W3 e permite gozar intensamente aos mandos dunha poderosa moto de auga garantindo a máxima protección mecánica.
Calidades
- Os seus aditivos reducen a oxidación e a corrosión das pezas internas. Este Este factor é moi importante en contornos mariños (dado o seu ambiente altamente corrosivo).
- Evita o pegado de segmentos.
- Os seus aditivos dispersantes manteñen limpo tanto os motores como as aberturas de escape.
- Facilita o arranque e reduce a fricción.
- Protexe contra a gripaxe, evita o perlado de buxías e autoacendido.