Lubricantes, petróleo, gasolina, bombonas butano e produtos químicos – Repsol.com

Repsol YPF

Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > Información de produtos > Marca Repsol > Automoción

Repsol Cartago FE LD 75W90

Lubricante de tecnoloxía sintética deseñado para lubricar fundamentalmente diferenciais e algunhas caixas e transmisións de vehículos. Proporciona un rendemento inmellorábel en pontes e eixes traseiros de vehículos pesados pola súa capacidade para soportar elevadas cargas e a súa excepcional fluidez a baixa temperatura. Contribúe ao aforro de combustíbel e permite intervalos de cambio estendidos.

  • É un produto moi versátil adecuado para un amplo rango de aplicacións en engrenaxes de vehículos pesados, xa que pode lubricar tanto diferenciais como caixas e transmisións.
  • Ten unha excelente estabilidade á oxidación, incluso en condicións extremas, proporcionando unha maior durabilidade do produto, o que permite longos períodos de drenaxe.
  • A súa excelente fluidez a baixa temperatura contribúe ao “aforro de combustíbeis”, proporcionado ao mesmo tempo as características de viscosidade requeridas para unha óptima lubricación.
  • Alta protección antidesgaste que mellora a durabilidade dos mecanismos.

Repsol Cartago Cajas FE LD 75W80

Lubricante de tecnoloxía sintética para caixas de cambio manuais. Este aceite foi especialmente deseñado para cumprir os requisitos de lubricación estabelecidos polos principais fabricantes de vehículos para as súas caixas de cambios manuais. Este produto é un lubricante de alto rendemento que contribúe ao aforro de combustíbel e permite intervalos de cambio estendidos.


Calidades  

  • Excelente protección fronte ao desgaste das engrenaxes e dos sincronizadores.
  • Aceite de longa duración, que permite intervalos de drenaxe estendidos que poden chegar ata 300.000 km.
  • Ten unha elevada capacidade de carga, fai mínimas as perdas por fricción e subministra a máxima eficacia.
  • Permite unha condución suave ao efectuar os cambios, así como unhas temperaturas de operación extremas ata -40 ºC, grazas á súa excelente fluidez a baixas temperaturas.

Repsol Cartago LD 80W90 e 85W140


Aceite de longa duración para diferenciais e algunhas caixas manuais que requiran un nivel de calidade GL-5. Especialmente recomendado para diferenciais de vehículos comerciais e de obra pública, que traballan baixo severas condicións e que requiren dun lubricante de altas prestacións. Cumpre coas actuais normativas dos fabricantes que esixen aceites de longo intervalo de drenaxe que permiten duplicar ou triplicar o período de cambio con respecto a aceites minerais convencionais.






Calidades       

  • Permite longos períodos de cambio, de acordo coas recomendacións dos fabricantes.
  • Excelente compatibilidade con selos e xuntas que axuda a previr fugas e formación de depósitos.
  • A gran capacidade de soportar carga nas engrenaxes prevén fallos nos compoñentes mecánicos típicos das condicións severas de circulación de vehículos comerciais e de obra pública.
  • Mellor estabilidade térmica e resistencia á oxidación que aceites minerais convencionais, dando unha maior protección aos compoñentes metálicos e permitindo un maior período de cambio do aceite.
  • Viscosidade estábel coa temperatura o que permite boa fluidez a baixas temperaturas e asegura unha película de protección en toda circunstancia.


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.